Chouri sufre unha lesión na moneca e únese a vaga de lesión da “black week” que fan que o parón ainda sexa beneficioso.

No día de hoxe o RC Deportivo informaba que Chouri sufría unha luxación na moneca polo que terá que pasar por quirófano, polo que terá que pasar antre 4-6 semanas de baixa, ainda que nestes casos e dependendo da evolución os prazos poden acortarse o poder adestrar e xogar cunha fédula protectora. O final cas lesións de Marc Casadó, Aubameyang e o propio Zakaría, o parón de 3 semanas é beneficioso dado que son menos partidos que se perderán, pero a afección xa cruza os dedos para que esta vaga de lesións remita.

Aubameyang operado con éxito

Informou o clube que o gabonés Aubameyang foi operado esta mañán con éxito polo traumatólogo Manuel Leyes en Madrid, e foi dado de alta para retornar a Coruña e comeza a sua recuperación que se alongará antre 2 ou 3 meses, dependendo de cal foi a intervención, cousa que non trascendeu.

Amistosos co Penafiel e o Porto

Co parón da liga ata o 10 de outubro o Depor, como xa vos informamos xogará mañán venres en Portugal ante o Penafiel FC no Estadio 25 de abril a partires das 20:00 horas, 8hora galega), e o seguinte venres recibirá ao Porto CF en Riazor (21:00), un clube que non visita Riazor desde a volta da semifinal da Champions un 4 de maio do 2004 ante 33.621 espectadores e na que perdemos por 0-1 con gol de Derlei para os lusos nun encontro no que o italiano Pierluigi Collina fixo unha moi mala arbitraxe, e que expulsou ao central deportivista Naybet, (na ida, (0-0), fora expulsado Andrade de maneira absurda), deixándonos as portas da final ante o Mónaco que gañarían os daquela adestrados por José Mouriño por 3-0.

–

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”