CHOQUE DE ACORAZADOS ESTE DOMINGO NA ARLIÑA NA SEMIFINAL DA “LVII COPA DA COSTA”.

 

Este vindeiro Domingo 26 de Xuño terá lugar no Campo da Arliña, (Muxía), unha semifinal das que se pode considerar unha final anticipada. Muxía CF e SD Fisterra vense as caras nun encontro oficial despois de moitos anos. Dous equipos históricos da Liga da Costa, que teñen un periplo nesta liga 2020/21, de moitos quilates.

O equipo muxián na Liga da Costa e quedándose fora do ascenso polo groseiro sistema de competición, no que só houbo un ascenso, e no que os muxiáns quedaron fora por golaveraxe co SCDR Esteirana, outro equipo que fixo unha tremenda campaña, e os fisterráns que fixeron na Preferente, unha gran liga e na que loitaron polo ascenso a 3º División, da que baixarón a tempada anterior.

O Muxía CF suma 14 encontros consecutivos gañando, e nun total de 25 encontros xogados nesta campaña, antre Liga, Fase de Ascenso e Copa, tan só perderon en 3, concretamente os 2 primeiros da liga, ante Outes FC e Camariñas FC, e ante a SCDR Esteirana, (3-2), o pasado 1 de Marzal, sendo esta a derradeira vez que bicaron a lona. Na Fase e na Copa, suman tódolos seus choques por vitoria. Suman en total, 20 encontros gañados, 2 empatados, e 3 perdidos, con 79 goles a favor e 36 en contra, (antre as 3 competicións).

O SD Fisterra que na liga perdeu 4 encontros e na Fase de Ascenso outros 4, caeu por derradeira vez 0 29 de Maio, no derradeiro encontro da Fase, ante o Atlético Coruña Montañeros, (4-0). Suman os fisterráns 16 encontros gañados, 11 empatados e 8 perdidos, (antre as 3 competicións), con 59 goles a favor e 42 en contra.

Na copa ambos equipos só tiveron que recoller o balón das suas redes nunha ocasión. Os muxiáns ante o CF Porteño, (1-4), e os fisterráns ante o SD Soneira, (1-3). Suman os da Vila da Barca 3 vitorias con 14 goles a favor e 1 en contra, e os da Vila do Cristo, tamén 3 vitorias, con 10 goles a favor e 1 en contra.

Con estes números augúrase unha semifinal moi aberta, que se compensa no referente a diferenza de categoría ca condición de local do equipo da Vila da Barca, no que se refire ao terreo de xogo, pois ambos contan cunha gran afección, que dará o Campo da Arliña un aspecto inmellorable, que xa quixeran moitos equipos de ligas superiores, ainda mellor ca nalgúns da 1ª RFEF, ou Segunda División, e que se nos apuramos, e tendo en conta a diferenza de poboación, xa querría algún de Primeira. Un verdadeiro “Choque de acorazados” da Costa.

 

UD Monte Louro-SCDR Esteirana

O vindeiro venres no Agra de Filgueira, a partires das 17:30 horas, saberase quen acompañará ao SD Castriz na outra semifinal..

-Foto e Texto : piratasdemuxia