Once inicial do Bergantiños FC Feminino.
Bergantiños FC 3-1 Atlético Arousana
O equipo bergantiñista amosou nesta cuarta tirada da liguiña, que non estaba de paseo nesta fase de ascenso a Nacional e do título da 1ª División Galega. Nunha primeira metade extraordinaria das rapazas carballesas o resultado que reflectía o marcador era de 3-0 con goles de Inés, Lara López e Cruz, pero o resultado puido ser moito maior, a tenor das clarísimas ocasións que tiveron.
A segunda metade e co encontro moi decidid, pasouse a un xogo máis de control e sair as corntras, e puideron chegar máis goles para as bergantiñistas, pero serían as arousanas as que recurtarían pasada a hora de xogo por medio de Adriana.
Bergantiños FC : Andrea, Noelia, Tatiana, Lorena, Cruz, Elena, Laura Caamaño, Yaiza, Bárbara, Inés e Lara. Tamén xogaron : Zaida, Clara e Laura Torrado.
Atlético Arousana : Iria, María, Carla, Bárbara, Zaira, Melanie, Miriam, Nerea, Lía, Adriana e Sofía. Tamén xogou : Mª del Carmen.
Goles : 1-0, Inés, (11´); 2-0, Lara, (29´); 3-0, Cruz, (32´); 3-1, Adriana, (69´).
Árbitro : Pablo Rama Cotelo. Amonestou polo Arousana a María e a Melanie.
Outros resultados
Sárdoma CF “B” 2-1 SD O Val
Lóstrego CF 5-2 CD Lugo
5ª Xornada
-34/04/2022-
SD O Val-Bergantiños FC
Atlético Arousana-Lóstrego CF
CD Lugo-Sárdoma CF “B”
-Foto : Bergantiños CF Prensa
-Texto : piratasdemuxia