CHEGARON A MUXÍA OS VELEIROS DA “REGATA RIAS ALTAS” TRAS DUAS XORNADAS DE FORTE TEMPORAL DE NORDÉS.

Xa era todo un risco sair no día de onte na primeira etapa da “52ª Regata Rias Altas”, que comezaba no Náutico da Coruña e que remataba en Laxe, a onde chegaron os únicos 3 barcos que foron quen de capear o temporal do nordés do xoves, (dos 25 que ían a participar), que lles daba primeiro de barlovento e logo de popa, que sería unha travesía xenial se non fose con tanta forza. Conseguiron chegar os 3 onte a Laxe nesta primeira tirada.

No día de hoxe estes mesmos 3 barcos cargábanse de valentía e afrontaban de novo unha dura travesía, xa que a media mañán o temporal azotaba de novo. Chegaron a Muxía na tarde deste venres e máis tarde chegaría un cuarto que se unía para completar o resto da regata, pero xa sen opción a loitar polo título.

No porto deportivo de Muxía foron recibidos na Capitanía do mesmo por membros do “Marina Muxía”, o alcalde muxián, Javier Sar e polo Presidente de Protección Civil de Muxía, Ramón Barrientos, así coma membros do mesmo. Foilles entragados aos membrois das tripulacións os trofeos de 1º, 2º e terceiro da etapa e disfrutaron duns pinchos e non faltou a conversa do duro destas duas etapas e a pena de que moitos dos barcos non puideran sair.

Logo as tripulacións disfrutaron do que lles oferce Muxía en tradición, ocio e gastronomía, para coller forzas e mañán, xa con mellor tempo, ainda que co vento de proa disputar a terceira etapa que unirá por mar a Muxía e a Malpica, para xa no Domingo disputar a derradeira tirada da regata que une Malpica e A Coruña.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies