CHEGAN A MUXÍA OS VELEIROS DO “CAMIÑO A VELA” POR 10 ANO E EN “ANO XUBILAR”.

Chegaron desde primeiras horas da mañán o porto deportivo de Muxía os veleiros do “Camiño a vela”, tras unha parada para facer noite en Laxe.

Os veleiros da travesía “O Camiño a vela”, sairon do porto frances de La Rochelle o pasado 6 de Xuño para primeiro recalar en Hondarribia, Getaria, Bermeo e Getxo, no Pais Vasco e seguindo o Camiño navegaron atracando en Ribadesella, Xixón e Avilés, (Asturias) e entraron en Galicia atracando en Ribadeo para logo seguir parando en Viveiro, Cedeira, Ferrol e A Coruña. No día de onte atracaban por primeira vez en Laxe para hoxe chegar a Muxía de onde marcharán mañán 27 de Xuño en Muros, de alí a seguinte etapa será en Boiro e rematarán cas suas velas o vento en Vilagarcía dende onde emprenderán como cada ano unha camiñata ata Santiago de Compostela a onde esperan chegar o 1 de Xullo.

Os 150 peregrinos por mar dos 25 veleiros que chegaron a Muxía, tras amarrar visitaron o Santuario da Nosa Señora da Barca para facer visita obrigatoria coma en tódalas edicións, e xa van 10, pero desta volta co motivo especial de que o Santuario muxián é un dos 4 templos nos que se pode gañar o xubileo en Galicia, xunto coa Catedral de Santiago, o Santuario da Nosa Señora dos Miragres de Amil en Moraña, e o de Nosa Señora de Pastoriza en Arteixo.

Trala visita ao Santuario disfrutaron dos paseos a gastronomía e das praias, nun día completo para disfrute e descanso de todos eles/as.

10 anos de Camiño a vela

Co gallo do décimo aniversario deste singular Camiño a vela en Xixón fixeron un acto de irmandamento entre as localidades que veñen acollendo aos peregrinos por mar de “O Camiño a Vela”, que tivo lugar o domingo 16 de xuño. Segundo nos comenta Patricia Alcubilla, coordinadora da travesía : “Esta cerimonia conmemorativa simboliza a unión entre todos os portos e cidades que formaron parte da Travesía durante estes dez anos, promovendo a colaboración en ámbitos turísticos, culturais e ambientais”.

Un “Camiño” comprometido e solidario

“A travesia a vela está comprometida coa preservación do medioambiente. “O Camiño a Vela” calcula, desde 2023, a pegada de carbono resultante da súa singradura para mellorar a súa estratexia de sustentabilidade. Unha acción impulsada en colaboración coa Facultade de Ciencias Biolóxicas e Ambientais da Universidade de León. Na súa faceta máis solidaria, a travesía colabora desde hai anos coa campaña “A vela contra a ELA”, co obxectivo de recadar fondos para mellorar a vida de quen padece esta enfermidade.

Segundo nos comenta e informa Patricia Alcubilla desde 2016, máis de 2.000 peregrinos náuticos participaron no Camiño a Vela, “consolidando esta iniciativa como referente do turismo azul europeo”.

Mes de Xuño de moitos atraques en Muxía e comezo de Xullo forte.

Segundo nos comenta o xerente do porto deportivo muxián, Marcos Trillo : “Estamos a ter un mes de Xuño moi bo en canto a chegada de veleiros e iates o “Marina Muxía”. Xa é sempre un mes forte pero cada vez son máis os que nos elixen para pernoctar ou pasar uns días e para comezos de Xullo recalará unha etapa da regata “Rías Altas” en torno ao día 4″.

 

O “Catalyst” un enorme catamarán atracado

O “Catalyst” un flamante catamarán ingles do porto de Harbour que ten 19 metros de eslora, 9´5 de manga e 1´75 de calado, cunha enorme embergadura e cun mastil de 30 metros, atracou no día de hoxe no porto deportivo muxián, o único que pode albergar barcos de gran tamaño en toda a Costa da Morte.

Permanece atracado nos pantaláns o veleiro neozelandés “Windwhirld”, o de maior tamaño do mundo no tipo cruceiro e que xa leva ano e medio no porto muxián. Xa son tan de aquí que ata o patrón profesional do veleiro de 30 metros de longo e 85 toneladas de rexistro bruto, trouxo a sua familia desde Polonia e os máis cativos da familia estiveron escolarizados este curso na vila muxiana.

 

O pasado ano o porto deportivo muxián superou os 800 atraques de embarcacións sendo con diferenza o de máis tráfico da Costa da Morte e o segundo das 9 “Marinas Deportivas” que hai en Galicia.

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Datos e información : Mar Lucena/Patricia Alcubilla