Esta pasada fin de semana chegou o Porto Deportivo de Muxía o navegante francés Julien Mathan no seu veleiro de 6´5 metros de eslora “X-LFR6”, que permanece amarrado nos pantaláns muxiáns.
Julien é un dos 90 participantes da regata “Mini Transat”, unha das regatas máis duras do mundo e que se disputa cada 2 anos, (tamén recalou na Marina Muxía algún participante). Por mor do movemento do furacán Gabrielle os navegantes foron obrigados a que se refuxiasen no porto que mellor se lles dese a altura de onde navegasen, pois a primeira etapa desta regata que saeu o 21 de setembro de Les Sables-d´Olonne, (Francia), debería rematar hoxe en Santa Cruz de La Palma, (Canarias), pero non se dará ata que lles chegue a órde de reanudar a navegación.
Nesta dura regata, só apta para intrépidos/as temerarios/as, a navegación é a antiga usanza en barcos de 6´5 metros, (de aí o de mini), non contan con motor, teléfono…só o imprescindible, e navegar ata durmindo sentados no timón. A segunda etapa remata nas Antillas. Ninguén, agás a orgañización, sabe onde está ningún dos participantes ata que chegan o remate da etapa.
Que é a Mini Transat?
-
A Mini Transat, tamén chamada Boulangère Mini Transat nesta edición, é unha regata transatlántica que se disputa cada dous anos.
-
Os participantes navegan en solitario, nun barco de 6,50 metros (clase Mini 6.50), sen asistencia externa, sen comunicacións modernas coa terra, só co estritamente necesario.
-
É un desafío tanto físico como mental: resistencia, navegación de altura, toma de decisións sen consello externo, manexo do barco en condicións cambiantes.
Datos da edición 2025
-
É a 25ª edición da Mini Transat.
-
Ao redor de 90 navegantes inscritos.
-
Hai participantes de moitas nacionalidades, nº de homes e mulleres: 14 mulleres, 76 homes.
-
Dos barcos, hai dous tipos principais na competición: prototipos e series.
-
O percorrido total serán unhas 4.050 millas náuticas (aproximadamente 7.500 km) divididas en dúas etapas:
-
De Les Sables-d’Olonne (Francia) ata Santa Cruz de La Palma (Canarias).
-
De Canarias ata Saint-François (Guadalupe), nas Antillas.
-
-
Saída : 21 de setembro de 2025 desde Les Sables-d’Olonne.
-
O final da regata está previsto para finais de outubro comezos de novembro.
No Porto Deportivo “Marina Muxía” aracan durante o ano varias regatas, antre elas xa con etapa con final en Muxía a Rías Altas, Camiño a vela, ou a do Rally de Gascuña, antre outras, O porto deportivo muxián é o de maior tránsito da Costa da morte con preto de 800 barcos no 2024 que trouxeron por mar a Vila da Barca a máis de 3000 navegantes tanto en embarcacións a vela como a motor, sendo o único que ten pantaláns para o atraque de barcos grandes.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Datos : Minitransat.fr


