CHEGA A MUXÍA FACENDO O CAMIÑO, “EL CHOLO” SIMEONE.

Raúl e Lola co Cholo Simeone.

Nos só o Parador e o porto deportivo traen famosos a Muxía, tamén os “camiños”, o de Santiago e a Vía Mariana. Neste caso este venre chegaba a Muxía, aproveitando o parón polas seleccións, o adestrador do Atlético de Madrid, “El Cholo” Simeone que entraba acompañado da sua dona Carla Pereyra. A sua chegada a Vila da Barca levantou espectación antre a xente futbolera tanto muxiana como foránea.

Antes de entrar no pobo, casualidades da vida, topouse co “colchoeiro” máis grande de Muxía, Raúl Soneira o cal se encheu de satisfacción o toparse con él, con él estaba a sua filla Lola, xogadora do CF Muxía feminino e do Fisober FSF co que foi fai un par de meses campiona de España de Futsal Sub 12. Faltaba desta familia siareira do Atleti, a outra irmán Sabela que se atopaba xogando neses intres na Arliña co Muxía.

O Cholo visitou primeiramente o Santuario da Barca, que sigue ateigado de visitas coa Novena e co gran numero de romeiros, visitantes e turistas que ten a vila muxiana, para logo disfrutar do pobo e da sua gastronomía antes de descansar da camiñata.

-Foto : Raúl Soneira

-Texto : Xosé Búa “Pirata”