Chega a Muxía a travesía “O Camiño a vela”, por 13ª vez.

 

Ángel Nieto acuñou o de que foi 12 +1 campión do mundo de motociclismo, nun acto que representaba que era supersticioso. Durante a tarde deste 23 de xuño, tal como estaba escrito no Caderno de Bitácora a travesía “O Camiño a vela” chegaba o porto deportido de Muxía, “Marina Muxía”, e facíao por 13ª vez, e sen nigunha complicación ata o de agora no total da singladura. A primeira foi fai 14 anos, pero no ano do COVID-19 non se realizou.

Saindo da Coruña.

Os barcos arrancaban o pasado 5 de xuño desta vez dende Hondarrabia, (País vasco), a diferente das restantes que sairan desde o porto francés de La Rochelle, e tras percorrer todo o Cantábrico chegaban o pasado día 17 a Viveiro e no día de onte chegaban A Coruña de onde partiron esta mañán hacia Muxía, o vértice para os veleiros que percorren esta zona do Atlatico tanto de norte a sur coma o revés, por ser o concello máis occidental da península con Cabo Touriñán a cabeza. 

Os integrantes da singladura xacobea chegan a Muxía e tal como nos comentan desde a orgañización é : “Unha das grandes referencias espirituais e mariñeiras do Camiño na Costa da Morte, onde nos agarda a “obrigada” visita ao Santuario da Virxe da Barca, un enclave ligado á tradición xacobea, ao Atlántico e á identidade cultural de Muxía”, para logo, “disfrutar de todo o que ofrece o pobo”.

Este ano a travesía ademáis de máis corta conta cun numero menor de embarcacións, partiron 8 de Honderrabía e foron sumándoselles embarcaciósn nas diferentes etapas.

Un dos veleiros entrando en Muxía.

O vento tivérono favorable desde a Coruña a Muxía con ventos froxos do nordés que fixo que a navegacións fose máis lixeira para chegar ata o porto deportivo muxiçán o de manior volume de movementos de veleiros e iates de toda a Costa da Morte, quedando nos derradeiros anos antre os 3 con maior volume de atraques das nove marinas de Galicia.

A chegada desta travesía unida aos barcos que xa hai atracados de diferentes nacionalidades dan un gran crecemento ao gran ambente de turismo, e súmanse aos numerosos peregrinos do Camiño de Santiago e da Vía Mariana.

Mañán toca poñer rumbo a Muros

Mañá, a Travesía continuará cara a Muros, onde os participantes realizarán unha xornada de descanso o mércores para recuperar forzas antes de retomar a navegación cara ao Barbanza, con escala na Pobra do Caramiñal. Desde alí, os veleiros realizarán a última etapa por mar ata Vilagarcía de Arousa, onde recrearán a Traslatio remontando o río Ulla, un dos momentos máis simbólicos de O Camiño a Vela pola súa conexión directa co Camiño de Santiago marítimo orixinal.

O percorrido culminará o sábado 27 de xuño coa camiñada Padrón-Santiago, último tramo a pé desta peregrinación marítima, ata alcanzar a Praza do Obradoiro, onde os peregrinos renderán culto ao Apóstolo.

Profesións Azuis: protagonistas nas escalas da Travesía

Nesta XI Travesía, O Camiño a Vela navega baixo o lema das Profesións Azuis, unha mensaxe que cobra especial sentido en Galicia, onde o mar forma parte da vida, da economía e da identidade de moitas localidades costeiras.

A presenza de BluePath a bordo, a plataforma dixital que busca achegar á mocidade, ás familias e ás comunidades locais as oportunidades formativas e profesionais vinculadas á Economía Azul, protagonizou algúns dos momentos e actividades clave nas diferentes escalas de O Camiño a Vela. A navegación, a pesca, a actividade portuaria, a construción naval, o turismo azul, a ciencia mariña, a tecnoloxía e a sustentabilidade son tamén camiños de futuro para as novas xeracións.

O Camiño a Vela conta, entre outros apoios, co da Axencia Turismo de Galicia e coa colaboración de entidades comprometidas co desenvolvemento sostible da Economía Azul. Repsol participa como patrocinador principal da edición de 2026, xunto con Touron/Mercury, B&G, Aqualia e o IME como patrocinadores.

-Información e foto Coruña : A orgañización

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”