CF NOIA E CD BOIRO AS PORTAS DO ASCENSO NA PREFERENTE NORTE, E ATASCO NA SUR.

O CF Noia ten todo nas suas mans para acadar o ascenso.

 

Moi distintas as cousas na Fase de Ascenso a 3ª División no grupo da Preferente Norte ao da Sur.

O CF Noia, lider dos norteños con 9 puntos, ve coma “un premio”, se acada o ascenso, segundo as verbas do seu presidente José Luis Botana en “La Voz” do Barbanza, de gañar este vindeiro Domindo ante o Atlético Coruña Montañeros CF no campo “Grela 1”, estaría practicamente na vindeira 3ª División.

Pola sua banda o CD Boiro, que sufreu moito esta tempada co COVID-19, ten moitas opcións de acompañar aos noieses no ascenso. Os boireses suman 7 puntos, a 2 do lide e 3 por enriba do 3º clasificado, Atlético Coruña Montañeros CF, (rival este Domingo do CF Noia). Visitan os boireses ao SD Sarriana, 4º clasificado cos memos 4 puntos do Montañeros. 

Dobre choque que pode meter na 3ª División a CF Noia e CD Boiro, ou de haber vitoria do SD Sarriana e Atlético Coruña Montañeros CF, metelos de cheo a eles na loita polo ascenso, en especial en detrimento dos de Boiro aos que empatarían a puntos os dous. Polo tanto dous choque do máis apaixoantes, e con moito en xogo, no que os de arriba poden axudarse a si memo e antre eles mesmos, e os de abaixo igual.

No que refire ao repreentante da Costa, o SD Sofán, xa non ten opcións tras caer na primeira xornada ante o CF Noia, (0-2), e empatar na segunda co SD Sarriana, (0-0).

SD Sarriana-CD Boiro, ás 18:30 horas

Atlético Coruña Montañeros CF-CF Noia, ás 16:30 horas

SD Sofán-CD Lemos, ás 18:00 horas

Todo no ar no Grupo Sur

Nada que ver este grupo co dos norteños. O lider Atlético Arnoia suma a falla de duas xornadas por xogar, 7 puntos, un máis co segundo, SD Xuvenil Ponteareas, 2 máis co UD Barbadás e 3 máis co cuarto clasificado, Gran Peña FC. Polo tanto con 6 puntos en xogo pode pasar de todo e ademáis con enfrontamentos diretos.

Villalonga FC-Atlético Arnoia, ás 18:00 horas

Gran Peña FC-Cultural Areas, ás 19:00 horas

UD Barbadás-SD Xuvenil Ponteareas, ás 18:00 horas

-Foto : La Voz do Barbanza

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies