CF NOIA E BERGANTIÑOS FC DAN UN PASO DE XIGANTE HACIA A FINAL DA “II COPA DA COSTA FEMININA”.

 

CF Noia e Bergantiños FC deron un paso de xigante para ser finalistas dunha “II Copa da Costa”, que acabou ca derradeira bala para unha final que se cocía dende o sorteo. Os 3 goles de vantaxe das noiesas e das bergantiñanas son un duro muro para as xalleiras e cerquedenses, ainda que esto e fútbol, e nunca se sabe.

-Ida de Semifinais-

CF Noia 3-0 Xallas FC 

Día : 19/06

Hora : 20:00

Campo : Anexo Julio Mato, (Noia)

Árbitro : Gustavo Vidal Fonseca

Ainda que as noiesas se adiantaban aos 2 minutos do encontro cun gol de Adriana, non foi ata a segunda metade cando abrían fenda no marcador, ante un combatido Xallas. Sandra no 58 facía o gol que lle daba as noiesas unha crara ventaxe, que co equipo xalleiro buscando acurtar distanzas con miras o encontro de volta, Adriana voltaba a ver porta para as da Terra do Berberecho, (79´), para deixar o seu equipo con pé e medio na final.

 

UD Cerqueda 0-3 Bergantiños FC

Día : 19/06

Hora : 18:00

Campo : Xaviña, (Buño)

Árbitro : David Vázquez Lema

Con tres goles na primeira metade o Bergantiños deixaba resolto o encontro, e pode que a eliminatoria. Inés, no 13, e Noelia, no 32´e 42´, eran as goleadoras carballesas que dobregaban o UD Cerqueda.

 

 

-Fotos e Texto . piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies