CF Muxía-SCD Malpica final da “LXI Copa da Costa”.

Tal e como xa vos informamos na previa na tarde de hoxe “Domingo de resuirrección” xogábanse as semifinais da “LXI Copa da Costa”, o CF Muxía recibía ao SD Sofán, un da Primeira Futgal e o outro da Preferente Norte, e o SCD Malpica recibía ao CF Porteño.

Ambos encontro cun ambente espectacular, na Arliña, onde estivemos presentes máis de 800 afeccionados. Os muxiáns tiñan en fronte de novo, coma o ano pasado aos sofanistas, choque tremendamente igualado pero no que os rapaces de Sergio “Pataca” puxeron un “plus” de gañas arroupados pola sua afección e no que tras marcar viron como non tardaba en empatar o equipo da vila carballesa, pero unha saida a desesperada do seu meta facía que Fran Moreira cun detalle de calidade recortara e marcara desde 35 metros. 

No outro encontro o empate a ceros era a tónica e nada se movía ata os penaltis no que con tremenda emoción e pasión nos penaltis eran os malpicáns os que se levaban o pase por 6-5 tras lanzarse 14 penaltis de infarto pois chegaban aos 3 derradeiros co 4-5 no marcador.

A finalísima CF Muxía-SCD Malpica o vindeiro 24 de  Maio no Campo Irmandiños de Vimianzo.

.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”