CF Muxía e RC Deportivo Xuvenil veranse as caras no Municipal da Arliña na tarde de hoxe. O equipo deportivista volve nun amigable de preparación ao campo muxián para enfrontarse aos de Sergio “Pataca” que veñen de proclamerse subcampións da Copa Deputación da Coruña e pechar un ano extraordinario trala permanenza en 1ª Futgal G2, e ser campións da Copa da Costa. O ano pasado a afección “corviña” e a deportivista deleitouse co talentoso muxián Raúl Lema, que este ano deu o salto do Depor ao Madrid.
O choque a partires das 19:45 horas, trala resaca do “Mercado das Rutas do Mar” que foi todo un éxito cun abarrote constante de xente e no que o clube muxián deleitábanos un ano máis no seu posto, na “Praza do cabo da vila”, coa extraordinaria orella cocida con pimentón.
Manolo Martín nun trofeo que o Depor de Veteranos lle gallou ao Real Madrid Castilla de Arbeloa.
Primeiro amigable
Este será o primeiro encontro dos muxiáns no seu feudo para preparar unha nova tempada na Primeira Galicia G2, logo virán Bergantiños FC e Pontevedra CF no “XLIII Manolo Martín”, tamén na Arliña, ó 23 de agosto. Unha homenaxe ao altruista muxián, benefactor do clube, Manolito Martín, que nos deixou fai pouco máis dun ano.
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
.
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
