CF MAZARICOS EXEMPLO DE IMPLICACIÓN TOTAL DOS DA CASA.

As novas caras, ata o momento, do CF Mazaricos 2020/21.

 

 Tras unha asemblea de socios na Picota, (Mazaricos), na que o presidente Casais deu conta das contas, (valga a redundancia), no apartado económico e deportivo, pasouse o capítulo de candidaturas a presidencia do clube. Ninguén apareceu e deuse un prazo ata fin de mes para ver se alguén quería coller o primeiro equipo que milita na 1ª Galicia G2. O equipo de Veteranos, o Feminino e o de Fútbol Sala, non tiñan sombra de dúbida ningunha, pois non dependen o 100% do equipo senior, polo que a sua continuidade estaba asegurada.

En vista de que non aparecía ninguén para coller as rendas do equipo de 1ª Galicia, comezaron a moverse os membros da diretiva sainte e a falar con rapaces da casa espallados por equipos da costa coma o Volantes de Baño, Xallas, Lira etc, para tratar de salvar o equipo, que tanto lle costou chegar a competición na que están e co 30ª aniversario na vindeira tempada. A resposta foi plenamente satisfactoria e os rapaces deron o : “si quero”, o que fixo que os membros da diretiva sainte tamén se implicasen e antre todos facer como nos comentaba o noso colaborador Jorge Villar “Gorrión” : “Un clube no que todos somos presidente e todos somos vocais”.

Primeiro foron as renovacións de Borja, José Ángel, Pereiro, Estéfano e Ricardo e logo as voltas de :  Chiki que o ano pasado non pudo estar co equipo por motivos de estudios, Rachón, lateral ou interior zurdo con moita chegada, que ven dende o Volantes de Baño CF, Alberto “Villa” que volve o equipo despois do seu paso polo Volantes e Outes, Raúl de Atán que volve a qué e a sua casa despois do seu paso polo Lira, Moli que retorna o ataque dos amarelos despois do seu paso polo Zas, Sandelo despois do seu paso polo Soneira, Ferreiro, o de Beba, que regresa para a medular e Marcos de Arcos que deixaba o Xallas FC depois de 13 anos de trunfos.

E o capítulo de fichaxes ainda non está pechado, nun como nos dí o noso colaborador : “nun ano de aniversario redondo, cas 3 décadas de existencia, que vai a ser máis especial vendo xogar no terreo de xogo a xente da casa”.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Jorge Villar “Gorrión”

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.