CF Mazaricos campión da Liga da Costa 2018/19

O CF Mazaricos celebrou cos afeccionados o título de campión de liga.

-CF Mazaricos campión da Liga da Costa 2018/19

-O encontro estivo o borde da suspensión por néboa-

-As cousas negras para UC Cee e descendido o UD Monte Louro-

Xogábase o “encontro da xornada” no “Pedra d´ouro” do Pino do Val, (Mazaricos), un choque no que o lider CF Mazaricos podía sair campión con 2 xornadas por disputarse por diante, pero diante tiña o Corme CF un dos mellores conxuntos da costa e que podía abrir a liga. A vitoria foi dos mazariquenses 3-2, que emulan o equipo de veteranos, que a semana pasada tamén se proclamaba campión de liga e ascenso. O choque antre mazariquenses e cormeláns a piques estivo de non xogarse pola intensa néboa. O encontro comezou con moita emoción xa que pronto se adiantaban os cormeláns cun tanto de, (35´), para ir o descanso coa vitoria momentánea, pero ninguén contaba que Isma Pedrosa saise de vestiarios coma Leónidas nas Termópilas, a por todas, marcando nada máis reanudarse o encontro e facendo un “Hat-trick”, en menos de media hora, (48´, 55´e 73´). Alejo o “Pichichi” da liga dáballe emoción ao choque no 86, para que un encontro tan importante non baixase a intensidade ata o pitido final. O CF Mazaricos celebrou no céspede e logo pola vila o título de liga e o ansiado ascenso a 1ª Galicia G2, tras varios anos quedando as portas, pero como xa decíamos pola tempada, este equipo tiña o que lle faltou ao dos derradeiros anos : “gol”. A derrota dos cormeláns, unida a  vitoria do Volantes de Baño CF sobre o UC Cee, (1-0), poñe aos de Baño a 1 punto na loita pola segunda e poder cormelá,praza que da pé a promoción. Por abaixo os propios a derrota do UD Monte Louro ante o SCD Buño, (3-1), manda a 3ª da Costa ao equipo lourés, coa compañía do SD Ameixenda. Nestas duas xornadas que quedan o UC Cee deberá gañar os dous encontros e esperar que CF Lira, SCD Buño, CD Muros e Sporting Zas, palmen, para poder soster unha categoría na que o teñen moi “negro”. CF Lira e CD Muros teñen un encontro máis que fora aprazado por estar o “Eleuterio Balayo” anegado das fortes chuvias…Abre a nova o completo para ver o resto da información e outras cousas.

(Escudo diseñado por www.piratasdemuxia.es)
CF MAZARICOS
CAMPIÓN DA LIGA DA COSTA 2018/19
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CF Mazaricos : xogadores, técnicos, diretivos, axudantes do clube e afeccionados. Tamén o noso agradecemento e a nosa noraboa para Jorge Villar “Gorrión”, colaborador da nosa web con toda a información do Mazaricos e do deporte na sua vila, e aos seus compañeiros/as que nos surten de fotos.
-A XORNADA-
CF Mazaricos 3-2 Corme CF
Campo : Pedra d´ouro
Hora : 17:00
Árbitro : Pablo Rama Cotelo, (Comité da Costa da Morte)
Asistentes : Rai Reborido e Esteban Domínguez, (Ambos do Comité da Costa da Morte)
Resultado da 1ª volta : 3-2.
Goles : 0-1, Lucas, (35´); 1-1, Isma Pedrosa, (48´); 2-1, Isma Pedrosa, (55´); 3-1, iSMA pedrosa, (72´); 3-2, Alejo, (86´).
Así estaba a visibilidade do “Pedra d´ouro” unha hora antes do encontro.
Logo levantou e puidose xogar.
-RESULTADOS-
-28ª Xornada-
14/04/2019
 
CF Lira 2-0 UD Cerqueda
SD Ameixenda 2-1 CD Muros
  Sporting Zas 1-1 SD Ponteceso
   CF Mazaricos 3-1 Corme CF
SCD Malpica 1-2 Muxía CF  
SD San Lorenzo 5-1 CD Baiñas  
Volantes de Baño CF  1-0 UC Cee 
 SCD Buño 3-1 UD Monte Louro
 
CLASIFICACIÓN

-TÁBOA DE PICHICHIS-

-Alejo, (Corme CF) : 38, (7 de penalti)
-Ángel “Pesco”, (Volantes de Baño CF) : 26, (4 de penalti)

-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 22

-Isma Pedrosa, (CF Mazaricos) : 21, (1 de penalti)
-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 19, (3 de penalti)
-Crístian Caamaño, (CF Lira) : 17
Berto, (Volantes de Baño CF) : 17, (2 de penalti)
-Estéfano, (CF Mazaricos) : 16, (2 de penalti)
-Manu Nogueira, (Muxía CF) : 15.
-Os goles son os recollidos nos actas arbitrais-

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

CF Mazaricos campión da Liga da Costa 2018/19