O CF Mazaricos celebrou cos afeccionados o título de campión de liga.
-CF Mazaricos campión da Liga da Costa 2018/19–
-O encontro estivo o borde da suspensión por néboa-
-As cousas negras para UC Cee e descendido o UD Monte Louro-
Xogábase o “encontro da xornada” no “Pedra d´ouro” do Pino do Val, (Mazaricos), un choque no que o lider CF Mazaricos podía sair campión con 2 xornadas por disputarse por diante, pero diante tiña o Corme CF un dos mellores conxuntos da costa e que podía abrir a liga. A vitoria foi dos mazariquenses 3-2, que emulan o equipo de veteranos, que a semana pasada tamén se proclamaba campión de liga e ascenso. O choque antre mazariquenses e cormeláns a piques estivo de non xogarse pola intensa néboa. O encontro comezou con moita emoción xa que pronto se adiantaban os cormeláns cun tanto de, (35´), para ir o descanso coa vitoria momentánea, pero ninguén contaba que Isma Pedrosa saise de vestiarios coma Leónidas nas Termópilas, a por todas, marcando nada máis reanudarse o encontro e facendo un “Hat-trick”, en menos de media hora, (48´, 55´e 73´). Alejo o “Pichichi” da liga dáballe emoción ao choque no 86, para que un encontro tan importante non baixase a intensidade ata o pitido final. O CF Mazaricos celebrou no céspede e logo pola vila o título de liga e o ansiado ascenso a 1ª Galicia G2, tras varios anos quedando as portas, pero como xa decíamos pola tempada, este equipo tiña o que lle faltou ao dos derradeiros anos : “gol”. A derrota dos cormeláns, unida a vitoria do Volantes de Baño CF sobre o UC Cee, (1-0), poñe aos de Baño a 1 punto na loita pola segunda e poder cormelá,praza que da pé a promoción. Por abaixo os propios a derrota do UD Monte Louro ante o SCD Buño, (3-1), manda a 3ª da Costa ao equipo lourés, coa compañía do SD Ameixenda. Nestas duas xornadas que quedan o UC Cee deberá gañar os dous encontros e esperar que CF Lira, SCD Buño, CD Muros e Sporting Zas, palmen, para poder soster unha categoría na que o teñen moi “negro”. CF Lira e CD Muros teñen un encontro máis que fora aprazado por estar o “Eleuterio Balayo” anegado das fortes chuvias…Abre a nova o completo para ver o resto da información e outras cousas.




-TÁBOA DE PICHICHIS-
-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 22
-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 19, (3 de penalti)
++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-
CF Mazaricos campión da Liga da Costa 2018/19