O Campo da Marola de Oleiros sede da Copa Deputadión.
Derrotas dos equipos do CF Dumbría nas semifinais da Copa Deputación da Coruña
Tal e como vos adiantabamos, este domingo 22 de xuño o CF Dumbría, tanto na categoría feminina como na masculina, disputaba as semifinais da Copa Deputación da Coruña como campións da Copa da Costa. As mulleres enfrontábanse ao Victoria CF, campioas da Copa da Coruña, mentres que os homes tiñan como rival ao SD Negreira, campión da Copa do Sar.
Victoria CF 4-0 SD Negreira
No referente ao encontro feminino, celebrado pola mañá no campo da Marola (Oleiros), sede tamén da final que se xogará o vindeiro domingo 29 de xuño, o CF Dumbría caeu con claridade ante o Victoria CF por 4-0. As coruñesas encarrilaron o partido xa na primeira metade con dous goles de Ambra (11’ e 23’). Nada máis comezar a segunda parte, Diana Rey (49’) anotaba o terceiro, e Emma sentenzaba o encontro no minuto 58 co cuarto gol. Tempada longa e esixente para as rapazas de Santi Cubelo, que chegaron xustas a esta semifinal.
Na outra semifinal, o SD O Val caía por 0-1 ante o EFM Concello de Boiro, polo que a final enfrontará ao Victoria CF co equipo boirense.
SD Negreira 5-2 CF Negreira
Pola súa parte, o equipo masculino do CF Dumbría tamén caeu derrotado ante o SD Negreira nun partido que se decidiu moi cedo. Os nicrarienses puxéronse 3-0 por diante nos primeiros 18 minutos de xogo, con goles de José Ángel (5’), Antón (16’) e Alberto Freire (18’). A reacción dos de Pablo Conde chegou con dous tantos de Xabi (26’ e 44’), que puxeron emoción ao encontro, pero xusto antes do descanso, Freire anotaba o 4-2.
Na segunda metade, os dumbrieses trataron de recurtar distancias, pero un penalti transformado por Freire nos instantes finais pechou definitivamente o partido cun 5-2 para o SD Negreira. O equipo de Negreira xogará a final contra o Atlético Coruña Montañeros, que venceu por 1-3 ao SDC Galicia de Mugardos.
Peche de campaña para os dubrieses/as
CF Dumbría feminino e masculino pechan unha gran campaña cas rapazas campioas da Copa da Costa e acadando a permanenza na 2ª Galega e os homes cámpións da Copa da Costa, campións da 1ª Galicia G2 e ascenso a Preferente Norte.
Festa Fin de tempada do CF Dumbría
O sábado 28 de Xuño, día antes das finais se pasan a elas, o CF Dumbría celebra a festa Fin de Tempada no Municipal do “Conco”. Toda a información no cartel.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Toni Leis