CF DUMBRÍA E BERGANTIÑOS FC COMEZAN NA CASA NA LIGA GALEGA XUVENIL.

 

Os dous representantes costeiros na Liga Galega Xuvenil Grupo 1º-Norte, CF Dumbría e Bergantiños FC, comezarán a liga este vindeiro 11 de Setembro xogando como locais.

Os dumbrieses reciben ao San Tirso, filial do RC Deportivo, e os carballeses ao Viveiro CF.

O primeiro derbi antre os dumbrieses e carballeses, será en Dumbría na xornada 7 ó 16 de Outubro, e o da segunda volta na 26 serán os dumbrieses os que visiten aos de Carballo, o 5 de Marzal do 2023.

A liga regular extenderase durante 38 xornadas, rematando o 21 de Maio do 2023, para logo chegar os Plau-Off. Os de Dumbría rematan no “Conco” recibindo ao SD O Val, e os de Carballo, no “As Eiroas”, recibindo ao Racing Club Vilalbés “A”.

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies