CF DUMBRÍA-ACD SAN RAMÓN SERÁ A FINAL DA COPA DA COSTA DE VETERANOS.

 

O Dumbría e o San Ramón será os equipos que disputarán a Gran Final do vindeiro Domingo 26 de Maio na Copa da Costa de Veteranos. Os dumbrieses derrotaban por 2-1 ao Oza nun disputado encontro no Conco, no que se adiantaban por medio de Alan aos 25 minutos de xogo e poñían terra de por medio na segunda metade cun gol de David no 57. Non se veu abaixo o Oza e conseguía acurtar distanzas no 69 cun tanto de Juan. Tensión ata o pitido final cos ocenses buscando o empate pero este non chegaría.

Non fallou na Porta Santa o campión da División de Honra e máximo favorito o título de copa, pero os seus veciños déronlle moito que facer pois si se adiantaba os 19 minutos o San Ramón por medio de Alejandro, empataba o San Román 9 minutos despois, tras materializar unha pena máxima, Jose Bello. Alejandro voltaría a marcar para o San Ramón e poñíanse de novo por diante non 81. O gol pesou nas filas do San Román, e Mario pouco despois, (88´), facía o definitivo 1-3, para plantarse na final.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies