Tras anunciarse a sua volta o pasado 6 de Setembro, Celso Borges chegou a Coruña para realizar no día de hoxe as probas médicas pertinentes e poñerse as órdes de Fernando Vázquez. O costarricense que pasou uns días na sua terra estivo a espera de arranxar asuntos burocráticos e volta para convertirse no “buque enseña” do novo proxecto na esixente 2ª B co seu novo formato.
Nos adestramentos de hoxe a mañá estiveron ausentes Uche Agbo e Vicente Gómez. Este último con toda probabilidade preparando a sua marcha a Superliga India.
Pola sua banda Michele Somma, que busca segundo algúns medios de comunicación, e como vos adiantamos no día de onte, a sua saida hacia Italia, despois de que o RC Deportivo lle renovase o seu contrato e se preocupase da sua recuperación da rotura dos ligamentos do xeonllo. Hoxe tivo sesión de ximnasio e traballo sobre o céspede, ao igual ca Borja Valle, con molestias e Mujaid, ambos con molestias nos abdutores.
Mañá mércores, sesión de adestramento ás 10:00 horas, e partido pola tarde, en Abegondo, ás 19:00 horas, (a porta pechada), fronte ao CD Estradense.
Fede Cartabia cedido o Al-Ahli
Tal como vos apuntamos días atrás Fede Cartabia foi cedido de nvo o Ál-Ahli saudía, para a vindeira tempada.
Sona Claudio Medina como nova incorporación
No capítulo de novas incorporacións sona o xove dianteiro do Elxe CF, Claudio Medina. Un xogador de futuro de 20 anos de idade, que tanto podería chegar para o primeiro equipo, como para o Fabril. Ainda que parece unha quimera, segue a sonar con forza a volta de Quique González as filas deportivistas.
-Texto : pratasdemuxia.es
-Foto : RC Deportivo