CEE ÚNESE ÁS 13 SEDES DE DEPORCAMPUS PARA NENOS/AS DE 6 A 14 ANOS, (TODA A INFORMACIÓN).

Cee repite por segunda vez tralo éxito da anterior edición.

 

14 son as sedes nas que os rapaces e rapazas de antre 6 e 14 anos, poderán disfrutar dos DeporCampus, que comezarán en Abegondo, no que haberá 6 quendas, e unha para os Genuine, (persoas discapacitadas), comezando o 27 de Xuño e rematando o 5 de Agosto, e que teñen como derradeira sede confirmada a de Cee, que foi presentada o pasado 10 de Xuño.

-Sedes e Datas-

Abegondo

1ª semana : 27 de Xuño a 1 de Xullo

2ª semana : 4 de Xullo a 8 de Xullo

3ª semana : 11 ó 15 de Xullo

4ª semana : 18 ó 22 de Xullo

5ª semana : 25 ó 29 de Xullo

6ª semana : 1 ó 5 de Agosto

Genuine Abegondo

27 de Xullo a 1 de Xullo

Cee

27 de Xuño a 1 de Xullo

Outes

27 Xuño ó 1 de Xullo

Zas

18 ó 22 de Xullo

Bertamiráns

4 ó 8 de Xullo

Boiro

11 ó 15 de Xullo

Caranza

4 ó 8 de Xullo

Cuntis

18 ó 22 de Xullo

Monforte

11 ó 15 de Xullo

Ourense

4 ó 8 de Xullo

Silleda

11 ó 15 de Xullo

Terras de Maside

27 de Xuño a 1 de Xullo

Viveiro

4 a 8 de Xullo

Como inscribirse e máis información?

-PREME AQUÍ

 

Obxectivos:

Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.
Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.
Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.
Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.
Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.
Transmitir os valores que representa o Dépor:
RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO,
INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.

Contextos de ensino:

Circuítos coordinativos.
Xogos de relación con balón.
Habilidade con balón.
Desafíos técnicos.
Xogos de posición.
Partidos reducidos / minipartidos.
Xogo real. Competición / Liga interna.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia