CEE E DUMBRÍA SERÁN A VINDEIRA SEMANA A CENTRO DE ATENCIÓN DO FÚTBOL MASCULINO E FEMININO CO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS SUB 11, SUB 13 E SUB 14.

 

Cee e Dumbría serán o centro de atención do fútbol base os vindeiros días, 12 e 13 de Febreiro, cunha dobre xornada do Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías sub 11 e sub 13 masculinas e sub 11 e sub 14 femininas. A Real Federación Galega de Fútbol, (RFGF), elixeu o Municipal de “O Conco” (Dumbría) e o Municipal Sampaio de Refoxos, (Xallas-Cee) para a primeira fase deste campionato.

Horarios e calendario

O luns 12 de febreiro terá lugar a disputa da 1ª fase na categoría feminina, mentres que o martes día 13 celebrarase a 1ª fase na categoría masculina. A competición de Fútbol 8 celebrarase no Municipal de “O Conco” (Dumbría), mentres que a de Fútbol 11 disputarase no “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee).

En Fútbol 8 dispútanse 4 partidos na primeira fase e 2 partidos na segunda fase, un total de 6 partidos, otorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases dictaminará as 4 seleccións clasificadas para as semifinais.

En Fútbol 11, pola súa banda, dispútanse 2 partidos na primeira fase e 1 partido na segunda fase, un total de 3 partidos, otorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases dictaminará as 4 seleccións clasificadas para as semifinais.

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RFGF

-Horarios e Foto : RFGF