O Muncipal do Conco, (Dumbría) unha das sedes na costa.
O vindeiro domingo 22 de decembro é a data elixida pola Real Federación Galega de Fútbol para a disputa da Fase Previa, tanto na Zona Norte como na Zona Sur, deste Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala
Un total de 8 seleccións (4 do sector norte e outras 4 do sector sur) das categorías benxamín mixto, alevín masculino e feminino e infantil masculino e feminino loitarán por ocupar unha das dúas primeiras prazas de cada grupo que dan acceso á Fase Final
A festa do fútbol sala galego de base vivirá un dos seus días grandes xusto antes da chegada de Papá Noel. A conta atrás para a disputa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol sala xa está en marcha e os Concellos de Dumbría, Cee, Corcubión e Marín engalanaranse para unha xornada de fútbol sala en estado puro.
O vindeiro domingo 22 de decembro é a data elixida pola Real Federación Galega de Fútbol para a disputa da Fase Previa, tanto na Zona Norte como na Zona Sur. Un total de oito combinados (4 do sector norte e outras 4 do sector sur) das categorías benxamín mixto, alevín masculino e feminino e infantil masculino e feminino loitarán por ocupar unha das dúas primeiras prazas de cada grupo que dan acceso á Fase Final deste Campionato Galego de Seleccións Comarcais que vivirá a súa traca final o próximo 28 de decembro en Lalín. Alí coroarase ao novo rei autonómico.
Os polideportivos de O Conco, (Dumbría), o Municipal de Cee e o pavillón “Augusto César Lendoiro”, (Corcubión), serán as sedes que albergarán a Fase Previa na Zona Norte, unha tirada na que competirán as seleccións de A Coruña, Ferrol, Lugo e A Costa. As dúas primeiras clasificadas de cada grupo accederán á Fase Final de Lalín.
Marín será o escenario no que se dispute a Fase Previa da Zona Sur con outros catro aspirantes: Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago. Ao igual que no sector Norte, os dous primeiros selarán o billete para a final do día 28.
Fase Final
A Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais terá lugar o 28 de decembro en Lalín.
O formato de competición para decidir ao novo campión autonómico será o seguinte:
Semifinais
Campión Norte-Subcampión Sur
Campión Sur-Subcampión Norte
Final
Campións de ambas semifinais
-Foto : piratasdemuxia.es
-Texto : RFGF/César Méndez
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.