CD LUGO E BERGANTIÑOS FC FEMENINO EMPATAN NO ENCONTRO QUE TIÑAN PENDENTE DA 3ª XORNADA DA FASE DE ASCENSO E TÍTULO DA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

O Bergantiños FC Feminino na “Cheda”.

 

CD Lugo 1-1 Bergantiños FC

Encontro que fora adiado na 3ª xornada da liguiña polo título de campión absoluto da 1º División Galega de Fútbol e por unha praza na promoción de ascenso.

Dous equipos que se coñecen da liga regular, na que as carballesas quedaron campionas e que se xogou no campo da Cheda.

Comezou dominando o equipo lugués, pero as ocasións era bergantiñistas, e nunha destas Cruz adiantaba no marcador as de Carballo, resultado co que chegaría o descanso.

Nun despiste nada máis reanudarse o encontro, empataban as lucenses por medio de Paula. Non se ven abaixo o equipo carballés e buscou a vitoria e tivo ocasións como para levala, en especial nunha ocasión de López que tivo un man a man ca porteira local, Judith.

Con este punto as carballesas, terceiras, suman 8 os mesmos que o segundo clasificado, Sárdoma, e por enriba das luguesas que suman 7. O lider Lóstrego CF, suma 16, e non coñece a derrota, 4 vitorias en 4 choques disputados.

Bergantiños FC : Andrea, Noelia, Tatiana, Lorena, Cruz, Elena, Laura Caamaño, Yaiza, Bárbara, Inés e Lara. Tamén xogaron : Zaida, Carla e Paula.

CD Lugo : Judith, Yanire, Carla, Esther, Lucía, María, Lola, Denise, Andrea e Candela. Tamén xogaron : Paula, Raquel e Blanca.

Goles : 0-1, Cruz, (24´); 1-1, Paula, (46´).

Árbitro : Xavier Rebolo Jul. Non amosou ningún cartón.

5ª Xornada

-24/04/2022-

SD O Val-Bergantiños FC

Atlético Arousana-Lóstrego CF

CD Lugo-Sárdoma CF “B”

 

-Foto : Bergantiños CF Prensa

-Texto : piratasdemuxia