CD BAIO E VOLANTES DE BAÑO RECUPERAN AS RESPECTIVAS CATEGORÍAS CA BAIXA DO XALLAS FC, PERO COS DE BAÑO A ESPERA DE QUE APAREZA UNHA NOVA DIRETIVA.

 

A RFGF ven de comnnicar que o CD Baio recupera a condición de equipo da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, que perdera co arrastre do descenso da Preferente Norte do SD Fisterra. Si xa a SCDR Esteirana aguantábase na categoría gracias a desaparición do CD Unión, son agora os baieses os que se benefician ca vacante que deixa o Xallas FC, segundo parabras do ente federativo, esto motiva que o Volantes de Baño FC que caera a 3ª da Costa co descenso do clube baies, recupera así a sua condición de equipo da Liga da Costa, 82ª Galicia G4).

O Volantes a espera dunha diretiva

A boa nova de manterse na Liga da Costa ao Volantes de Baño FC úneselle a incertidume ca espera de que alguén, “dea un paso adiante”, e se faga cargo da diretiva, pois na asemblea do pasado 24 de Xuño a diretiva dimitía en pleno deixando, “o clube saneado economicamente e con superavit”, tal e como apuntan dende o clube de Baño, (Muros).

A diretiva sainte fai un chamamento aos seus afeccionados : “Non esperedes mais, organizádevos e dade un paso adiante, o plazo esgótase e non hai tempo que perder. Siareiros, veciños, simpatizantes, institucións, xogadores….non deixedes que o soño acabe”. O prazo para a inscrición de equipos remata o vindeiro  xoves 20 de Xullo. De non aparecer ninguén que se faga cargo do clube chegaría o fatídico, e espermos que non, desenlace de non inscribir o equipo.

-Foto : Manuel Caamaño

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies