CD BAIO E CF MAZARICOS EMPATAN A CEROS NO ENCONTRO QUE FORA APRAZADO POR COVID-19 DA 11ª XORNADA.

Igualada no derbi antre baieses e mazariquenses.

 

CD Baio 0-0 CF Mazaricos

Na noite deste xoves xogaban no “Platas Reinoso” de Baio, o CD Baio e o CF Mazaricos o encontro aprazado o pasado 16 de xaneiro da 11ª xornada da 1ª Galicia Grupo A Costa, que fora adiado por mor de casos COVID-19. Nunha noite fría e con forte vento do nordés, baieses e mazariquenses repartíanse os puntos tras rematar o choque co empate a ceros inicial.

Así nos conta Diego Gálvez, adestrador do CF Mazaricos como veu o choque : “Partido con dúas fases diferenciadas, na 1ª metade o Mazaricos foi superior e tivo duas boas ocasións de gol para adiantarse. A primeira un remate de cabeza de Borja, nun saque de de curruncho, e a segunda un disparo cruzado de Kevin. Na segunda metade arrancou moito mellor o Baio que xa puido adiantarse nos primeiros compases de xogo por medio de MC, logo outra ocasión nos pes de Manu Santiso, e a máis clara chegou no tempo de desconto. Paco Chousa enviaba alto un disparo cando se atopaba só fronte a Iván Baña, nun man a man”.

 

CD Baio : Diego, Norberto, Martín MC, Fran Chousa, Braian, Santiso, Iván, Damián, Rubén e Alejandro Varela. Tamén xogaron : Adián e Iván García.

CF Mazaricos : Iván Baña, Manuel Sueiro, Marcos, Ricardo, Kevin, Mario Núñez, Mario Roo, Juan Tunas, Iago, esteban e Pose. Tamén xogaron : Raúl, Óscar, Carreira, Brais, e Adrián Cives.

Goles : 0-0

Árbitro : René Fernández, auspiciado nas bandas por Martín Zas e Juan Sierra. Amosoulle cartóns amarelos a Norberto, (47´), Braian, (77´) e Fran Chousa, (81´), polo CD Baio, e a Juan Tunas, (90´) e Brais Canosa, (90´), polo CF Mazaricos.

CLASIFICACIÓN

Con esta vitoria o CD Baio, (4º), chega aos 28 puntos, a 2 do segundo do CF Mazaricos, (3º), que se pon a 1 punto do 2º, SD Tordoia, e cos mesmos 16 encontros disputados, e a 2 do lider SD Negreia, que ten 1 encontro menos ca tordoieses e mazariquenses. O C D Baio, ten 2 encontros menos ca estes dous, e 1 menos co lider. Ademáis distáncianse a 5 puntos do CF Dumbría, (5º), que ten 2 encontros máis disputados ca os de Baio.

-Fotos : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies