CATRO REPRESENTANTES DA COSTA NA EXPEDICIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS TERRITORIAIS QUE HOXE TEN A SUA TERCEIRA XORNADA.

Silvia, Rui, Raúl e Fran a representación da costa.

 

Tal como vos vimos apuntando estes días, en El Ejido, (Almería), estase a celebrar o Campionato de España de Seleccións Territorias de Fútbol Sala de Base. A RFGF ten en xogo no mesmo a 3 equipos, dous deles masculinos e un feminino.

Na primeira xornada o equipo Benxamín Masculino ca ía na primeira xornada ante Extremadura por 8-2, namentras que no día de onte derrotaba a Asturias por 5-4. Teñen poucas opcións de pasar pero todo depende do enfrontamento de mañán antre Extremadura e Asturias, todo depende da diferenza de goles. Neste equipo está o carnotán Rui Caamaño, que xoga no Stellae de Padrón.

O equipo Alevín Feminino caia no día de onte ante Cataluña por 6-0, o que unido a derrota da primeira xornada ante Andalucía, (6-2), fai que as rapazas galegas xa den por finalizado o torneo.

O que mellor ten as cousas é o equipo Alevín Masculino, que trala vitoria sobre Murcia na primeira xornada, (6-3), dependen de si mesmos no choque que teñen que xogar hoxe ante Aragón. Neste equipo xoga o muxián Raúl Lema, xogador do Fisober FSF.

Catro representantes da Costa

Xunto cos dous rapaces, Raúl Lema e Rui Caamaño, na expedición galega temos en representación da costa a diretiva da RFGF, Silvia Cancela, 8Santa Comba(, e o adestrador muxián, Fran “Pioto”, un paso máis a importanza do deporte na nosa bisbarra que compite coas grandes cidades, a pesares das diferenzas estructurais.

-Foto : Fran “Pioto”

-texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies