CATRO MEDALLAS NA PRIMEIRA PROBA DO ANO PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA.

Martín en plena competición.

 

O CDM Piragüismo Dumbria vuelve con catro medallas de Mondariz

Este fin de semana se disputaba a primeira competición da Copa Galega de Slalom Olímpico, e
primeira proba do ano 2021. A cita era en Mondariz, e alí se desplazou o CDM Piragüismo
Dumbría cuha pequena representación do clube na que os máis novos foron os protagonistas.
A proba, que se disputou nunha mañán fria e a ratos soleada nun río tea que presentaba un
caudal ideal demostrou primeiramente a enorme subida de nivel e participación que ten alcanzado
o Slalom Olímpico en Galicia nos últimos anos, cun finalista olimpico, o portugues José Carbalho,
que non foi máis aló dun terceiro posto frente a dous seniors galegos de primeiro ano, e por outro
lado o fantastico futuro que ten a modalidade en Galicia, cos deportistas do CDM Piragüismo
Dumbría conseguinto as dúas medallas de ouro na categoría infantil por medio de Xesús Pena
Cundíns e Sara Fernandez Romar, que foi acompañada no podium pola súa compañeira de clube
Aroa López Piñeiro.

Entre os cadetes, dous finalistas do CDM Piraguismo Dumbría, Martín Fernandez Romar, que foi
terceiro despois dunha gran competición no K1 masculino e Bráis Sanchez Cancela, o deportista
do CDM Piragüismo Dumbría becado no CGT de Pontevedra que despois de complicarse nunha
porta so poido ser cuarto, pero navegando ámbolosdous en tempos moi cercanos á cabeza sendo
cadetes de primeiro ano.

 

Xesús competindo en Mondaríz.

 

Na categoría raiña hai que destacar o gran papel dos dous participantes costeiros. Fran Romar
non foi quen de pasar o corte a pesar de facer unha moi boa manga dado o alto nivel da proba,
pero Marcos Sanchez Cancela non só foi quen de colarse na final sendo o seu primeiro ano coma
senior, se non que incluso alcanzou un moi meritório quinto posto contra deportistas que forman
parte do equipo nacional, coma Manuel Ochoa, que foi medallista nos mundiales sub23 de
Cracovia.

A vindeira proba do CDM Piraguismo Dumbría está planexado que sexa a Taça Iberica de Slalom,
proba que se disputa en Portugal e que puntúa para o ranking internacional da ICF.

 

Podium de Modaríz dos cadetes.

 

Podium de Modaríz dos infantís.

 

Resultados Final 1ª COPA GALEGA SLALOM OLIMPICO MONDARIZ

-Fotos e Texto : CDM Piragüismo Dumbría


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies