Castríz e Outes toman ventaxe na promoción de ascenso a Liga da Costa

Sebas, (Castríz) segue ca sua racha goleadora na promoción
-Castríz e Outes toman ventaxe na promoción de ascenso a Liga da Costa-
Camariñas 1-3Castríz e Outes 2-1 Porteño
Toman ventaxe na ida da promoción de ascenso a  Liga da Costa SD Castríz que derrotaba no “Hermanas Patiño”ao FC Camariñas por 1-3, nun choque xogado de poder a poder e no que se adiantaron os camariñáns cun tanto das botas do retornada Soule, que xa xogou o derradeiro encontro de liga no que tamén se enfrontaron ao clube xalleiro e que acabaou con igualada a uns, (1-1). Nesta ocasión os xalleiros remontaron e deixaron encarrilada a eliminatoria, tendo unha vez máis como xogador destacado a Sebas que segue ca sua xeira goleadora e cos 2 goles que marcou xa suma 37 nesta tempada. Máis axustada foi a vitoria do Outes CF sobre ao CF Porteño un choque no que se adiantaron os porteños ao cuarto de hora e remontaron os da Serra antes do descanso, para na segunda metade xogarse con moito respeto e non moverse o marcador. A resolución desta eliminatoria a vindeira fin de senana na “Grixa” e no “San Pedro de Castríz”. Abre a nova completa para ver o resto da infromación.
FC Camariñas 1-3 SD Castríz
 
Goles : 1-0, Soule, (15´); 1-1, Jesús, (52´); 1-2, Sebas, (72´ de penalti); 1-3, Sebas, (81´).
 
FC Camariñas : Pablo, Soule, Rodrigo, Raúl, Djibril, Brais, Washington, Nicolás, Mickael, Fran e Óliver.
Tamén xogaron : Mario, Daniel e Joseba.
 
SD Castríz : Álvaro Pose, Álvaro Noya, Adrián, Bruno,Steven, Jesús González, Jesús Facal, Iván, Martín García, Adrián e Sebas.
Tamén xogaron : Kevin, Martín Negreia e Diego.
 
Árbitro : Juan Marcos Ríos
Asistentes : Lucas Vicente e Sebastián Pérez.
 
 
 
Outes CF 2-1 CF Porteño
 
Goles : 0-1, Martín, (15´); 1-1, Martín Caamaño, (25´); 2-1, Joaquín, (35´).
 
Outes CF : Antón, Álvaro, Sergio, Crístian, Martín Caamaño, Eloy, Santi, David, Simón, Paullo e Joaquín.
Tamén xogaron : Sergio Lado, Ramón e Adrián.
 
CF Porteño : Jonathan, Adrián, Andrade, Roi, Manuel, Jesús, Ángel, “Wii”, Javi Antelo, Vicente e Martín.
Tamén xogaron : Jorgito e Javier.
 
Árbitro : Óscar Martínez
Asistentes : Bárbara Ana Álvarez e Alberto Álvarez.

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies