Fin de semana de Capa da costa incompleta. Xogáronse, tal e como vos informamos na previa e na “AXENDA PIRATA”, os Cuartos de final desta 60º edición da Copa da costa, a competición máis fermosa do noso fútbol pero por mor de que o Sofán estase a xogar a fase de ascenso a 3ª Federación quedou para mañán martes 27 de Maio ás 20:30 horas o choque co Muxía que se disputará na Arliña.
Nos outros tres encontros que se xogaron o Camariñas facíalle fronte ao Castriz e caía por 1-2. Adiantábanse os xalleiros antes do descanso por medio de Josiño e poñía terra de por diante co segundo Borja a hora de xogo. Moriño acurtada distanzas a falla de 20 minutos e poñía tensión i emoción ata o pitido final.
Tamén houbo emoción a raudais no derbi Outes-Esteirana, (3-2), que se levaban os outeses que se ían o descanso con 2-0 a favor. Na segunda metade os do Conchido quedaban cun menos por expulsión de David Jurado, (57´) e acurtaba distanzas a Esteirana pero no treito final e buscando o empate chegáballe ó 3-1. Acurtaba distanzas Brais, (91´), para a Esteirana e dáballe emoción o choque ata o final.
O choque con menos tensión foi o que se xogou no Pinguel onde o Dumbría foi superior ao Ponteceso, na segunda metade (1-5), e chegou a ir 0-3 con goles de Diego Estévez, (29´) e Xabier, (47´e 55´). Acurtou Luca para os pontecesáns, (68´) e sentenzaron Diego estévez, (81´) e Periscal, (83´).
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”