CÁSEQUE DOUS ANOS DESPOIS PODERASE ENTRAR EN RIAZOR CO CARNET DE SOCIO E HABERÁ ENTRADAS PARA PÚBLICO EN XERAL.

Un gran paso para voltar a esto.

 

Pouco a pouco fóronse dando pasos e a normalidade que nos toca vivir permitirá este sábado que non haxa límite de aforo, que se poida entrar co carnet de socio e que haxa entradas a venda para todo aquel que queira ir. Todo isto despois de 20 meses, cáseque dous anos dende a derradeira vez que houbo esta situación, ainda que esta que nos toca a vivir ainda non sexa igual.

Son moitos os que preferían que se puxese a xente coin distanzas e polo de agora serán reacios a ir o campo con multitudes pegadas antre si. A mascarilla será obrigatoria ao entrar e haberá que gardar distanzas o ir os baños e o sair. 

Vai costar, xa que ata polas ruas a xente apártase cando ves de fronte, pero xa é un gran paso.

Entradas de prezo reducido para amigos de socios.

Para este partido, ademais de recuperar os accesos con carné ao Estadio, recuperaremos tamén a venda de entradas para público. Os prezos para o público oscilan entre os 28 euros da Tribuna Superior e os 8 de Pavillón Inferior, pero todos os socios e socias do Dépor dispoñen dunha oferta para comprar até 4 entradas por carné, con prezos que van dos 8 aos 4 euros en función da bancada (Esgotada Marathón Inferior).

Se se quere ir ao Estadio acompañado por outros Deportivistas que non son socios, esta é unha boa oportunidade. As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando nos últimos partidos en Riazor.

Máis información sobre prezos e método de compra de entradas de público con prezo de oferta para socios, aquí.

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Foto : piratasdemuxia