Dido o pasado Domingo no Rodeiro con Vicente Carril.
Aquí vos deixamos unha carta aberta do SD Camelle, Carlos Tajes, máis coñecido no fútbol costeiro coma “Carlos de Dido”, un dos míticos xogadores do noso fútbol, que ainda segue en activo, e que quixo deixar a sua impronta despois do emotivo encontro que xogou o pasado Domingo no Rodeiro co seu equipo o SD Camelle ante o Camariñas FC, equipo este último, no que comezou da man de Vicente Carril, o presidente máis lonxevo do fútbol costeiro que segue no equipo camariñán dende que o fundou alá polo 1977. Cumpríanse 25 anos de cando o Vicente Carril levara a Dido para o equipo camariñán.
FAI HOXE 25 ANOS
“Non sei se comezar polo final o polo empezo, pero vai…Dende poi pequeno estiven en contacto co balón, pero bueno, coma tódolos rapaces da xeración “milenial”. Futbolisticamente nunca destaquei en nada, posto que con 12 anos nin era rápido, nin alto, nin tiña técnica, e pódese dicir que estaba máis ben gordiño, pero iso non importou, posto que despois de un amigable no mítico “O Balsiño”, (Baio), él apareceu unha noite na casa e miña nai acabou firmando a miña primeira ficha.
Tódolos mércores e venres pasaba co seu Clio branco por Camelle, para levarnos a adestrar, infinidade de veces tiña que facer duas viaxes, cando non cabíamos todos…Así era él, así era Vicente Carril, sempre traballando e esforzándose para coidar os seus dous amores, o Fútbol da Costa e o Camariñas FC.
Esa foi a miña segunda casa durante a miña xuventude, pasando o derradeiro ano de xuvenís polo Porteño, no que hai duas persoas que non podo deixar de nomear, o ex presidente e finado, Cándido de Braño e o respetable, Eduardo “O Barrendero”.
Tampouco me quero esquecer de adestradores coma Berto, Luis “O Cotiño”, Javi Baña, Juan Carlos “Petrallo” ou Gerpe. E rivais coma “O Rubio de Zas”, Eloy de Malpica, Sergio “Crejo”, Breo de Muxía, ou, como non, Iago da Ponte, e tantos e tantos compañeiros de equio coma Iván do Muelle, Jati, Jesús “Petrallo”, Valiña, Peseta, Robert, Miro, Ogando, Mouzo ou “Snacky”.
Despois de 15 anos sen Fútbol da Costa o balón volveu o Rodeiro e deume a oportunidade de formar parte dun proxecto espectacular!!!…12 tempadas, 260 encontros e 2 ascensos.
Un equipo o Camelle no que o máis importante son as persoas que o fixeron posible, comezando pola mellor afección da costa e pasando por “Pupus”, “Marcha verde”, Carlos de Chuco, Rubén da Cantora, Luis “Aluminios”, (pai e fillo), Tono, Antonio…e sen esquecer os valentes campións do recente ascenso.
Nestes 25 anos que levo xogando no fútbol da costa hai duas cousas que non cambiaron, tanto a Vicente coma a min, o noso fútbol gústanos máis hoxe que onte…pero menos ca mañán!!!…Por ise motivo gustaríame acabar decindo que, cada vitoria, esas tantas e tantas derrotas, tódolos golpes levados, (que non son poucos), e o esforzo empregado, son sen lugar a dúbida…”Miña segunda vida”, e foi gracias a ti : DON VICENTE CARRIL LÉMA”.
Atentamente o teu por sempre agradecido : “Dido”.
A pesares de ser castelán parlante, Dido fixo esta carta en galego.
-Foto e Texto : Carlos de Dido