CARLOS ROSENDE E JUAN GIMÉNEZ PRIMEIRAS VÍTIMAS DO DESCALABRO DEPORTIVO.

Rosende nunha das suas aparicións tralas fichaxes.

 

Non todo o que fixeron estivo mal, ainda que se empeñe máis de un en buscar cabezas que cortar, pois trouxeron varios xogadores que foron e seguen a ser válidos, pero o peor foi o dos adestradores. Primeiro a rocambolesco tema de cortar con Rubén de la Barrera e traer a Borja Jiménez, que foi o primeiro fracaso, tras unha primeira volta extraordinaria, pasouse a una segunda na que fracasou todo, deixándolle un pasillo o ascenso o Santander e fracasando estrepitosamente no Play-Off con todo de cara. Deuselle a confianza de seguir a pesares do fracaso en liga e promoción, e as 7 xornadas foi destituido e foi contratado Óscar Cano, que foi un novo fracaso, e o peor que a tardanza en despachalo fixo que se perdese un ascenso que de seguro xa teríamos de haber dado un golpe de timón.

Outra mala xestión foron as fichaxes de inverno que menos Lucas e Lebedenko o resto pouco ou nada aportou, tamén ca axuda inestinable do “Orador”.

Carlos Rosende e Juan Giménez son polo tanto a primeira manobra de cara a vindeira tempada, das moitas novidades que vai a haber nas próximas semanas, tal e como anunciou o presidente Couceiro, tralo varapau deste Domingo, que hai que agradecer que dese a cara nada máis darse o triste desenlace da liga, ao igual ca Lucas e Bergtantiños, evitando así as típicas especulacións se non deran a cara, por eso cando actuan ben tamén hai que dicilo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies