Carlos Fernández amosou “boas sensacións” en rolda de prensa

-Carlos Fernández : Non creo que o equipo me necesite para gañar. Todos os compañeiros están preparados e eu son un máis. Non son o salvador de nada nin estou por encima de ninguén
-Escolma de novas breves-
Pasou por rolda de prensa de Carlos Fernández, o que poderíamos chamar “O desexado”, dado que parece, (ou eso queren facer crer algúns), que con él todo será moito mellor, e iso irá en contra do propio xogador, se iso non se da de repente, xa que ven dunha inactividade de practicamente 3 meses. Ogallá salga e faga 3 ou 4 goles, ou un que valga para gañar. O mellor é que o xogador, ao que ninguén lle quita a calidade que atesoura, (pero que tamén estivo no 0-0 en Riazor ante o CD Lugo), é que desprendeu un ar de atoparse por fin ben e sen dúbidas. A xulgar polas suas verbas, nas que repiteu unha e mil veces a palabra “boas sensacións”, parece que salvo contratempos inesperados, ven paar quedarse e sumar, que nestes intres de malos resultados e mal xogo nos derradiros dous encontros, fan falla todos e sacarse cunha vitoria a tensión acumulada. Parece ser que para o encontro do Domingo ante o Real Oviedo, (18:00 horas-16:00 GMT), ao que asistiremos máis de 2.100 deportivistas, Natxo González podería recuperar o “rombo”, ca chegada de Carlos. Sacaron un comunicado moi molestos co ente futbolístico no equipo ovetense, polo trato recibido tanto no campo, como aos afeccionados por parte da seguridade do Sporting de Xixón a pasada semana no derbi asturiano, (1-0 para o Sporting e un gol legal anulado ao Oviedo), algo que xa vivimos os deportivistas os derradeiros 2 anos que visitamos o estadio xixonésOs diretivos ovetenses non acudirán aos seus asentos no palco ata o minuto 12 en protesta polo trato recibido.

NOVAS BREVES

Pablo Marí cunha elongación

Segundo nos informan dende o RC Deportivo : “Pablo Marí sufriu unha elongación do músculo semimembranoso da súa coxa esquerda, polo que permanece con tratamento de fisioterapia e en repouso deportivo. En función da súa evolución, o central deportivista incorporarase acto seguido ás tarefas de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co equipo”. Isto faino seria dúbida para o encontro do Domingo, e xa Natxo González fixo probas con Somma no seu posto.

Dani Giménez e Domingos Duarte mañán en Carballo

Mañá mércores 27 ás 19:00 horas, o salón Luckia de Carballo (Avenida de Ponte da Pedra, 18. Carballo) acollerá un acto de firmas coa presenza dos xogadores do Real Club Deportivo Dani Giménez e Domingos Duarte. Os xogadores branquiazuis sortearán e entregará aos gañadores, de entre todos os presentes no local a esa hora, 3 camisetas oficiais do Dépor e 3 balóns do Club. Porteiro e central atenderán a todos os deportivistas que o desexen para que poidan fotografarse con eles ou levar un autógrafo neste acto organizado por un dos principais patrocinadores do Real Club Deportivo: Luckia.

ROLDA DE PRENSA DE : CARLOS FERNÁNDEZ

(Por : rcdeportivo.com)

“Levaba tempo esperando este momento. Sobre todo ter boas sensacións, estar co grupo. Alongouse máis da conta e teño que agradecer o trato humano do club por parte do presidente, Carmelo, o míster e de todos os meus compañeiros que estiveron sempre aí o meu carón. Independentemente do profesional entendéronme persoalmente e foi fundamental. As sensacións son boas, atópome ben e imos ver como vai a semana, de aquí o Domingo e logo será o mister o que decida”.

“O peor é cando un está na bancada e ves que non podes axudar, sentir que non estás activo é o máis frustrante. O equipo seguino con moita tensión. Son eses momentos que non tes esa confianza, fáltache algo. Máis precisión, cústache ter o balón, pero non che saen os pase. Pásalles aos mellores equipos e estaba claro que nos podía pasar a nós”.

“Non creo que o equipo me necesite para gañar. Todos os compañeiros están preparados e eu son un máis. Non son o salvador de nada nin estou por encima de ninguén. Este tipo de situacións sácanse todos xuntos arrimando o ombreiro. Ningún xogador gaña partidos só. Hai que estar xuntos, reflexionar e mellorar a nivel individual”.

“Quedan 11 partidos e os de abaixo teñen necesidade de salvar a categoría, os de arriba de meterse en ascenso. Hai que pensar en Oviedo. Equivocariámonos se pensamos noutra cousa. Sumar de 3 en 3, logo xa se irá vendo”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-