CARLOS DONCEL NON ENTROU NUNHA LISTA DE 19 XOGADORES PARA O AMIGABLE CO CASTILLA.

 

A nova fichaxe, Carlos Doncel que xa adestrou cos seus novos compañeiros nin entriu na kista de 19 xogadores para o amigable deste domingo 15 de agosto ás 19:00 horas ante o Real Madrid Castilla en Riazor. Tampouco está Alberto Benito, a pesar de que por fin traballou co resto dos seus compañeiros trala súa lesión no nocello.

Tamén quedan fóra da convocatoria por problemas físicos : Keko, (con molestias nas costas), Valín; Juergen Elitim, e Pablo Brea. Ademáis de Celso Borges, do que o clube non da información do motivo.

O meta Alberto, Trilli, Noel e Yeremay son os representantes da canteira na citación de Borja Jiménez para o choque contra o filial madridista que adestra o ex xogador “merengue”, Raúl González.

O encontro poderás seguilo na canle de YouTube do RC Deportivo.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies