Carla Pose debutou cas carballesas xogando 40 minutos.

Bandeira SD 0-1 Bergantiños Feminino CF
-O equipo carballés retorna a senda do trunfo-

Retornou a senda do trunfo o Bergantiños Feminino CF na 22ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 2, tras duas derrotas consecutivas ante os de arriba, nun encontro no que a “Killer” do equipo, María Ínsua, facía o único tanto do encontro, 12º da sua conta particular.

Bandeira SD 0-1 Bergantiños Feminino CF  

 

Non foi o mellor partido a nivel ofensivo para as nosas xogadoras, pero ostres puntos viñeron para Carballo.

Ata 22 córners sacaron as carballesas, o que demostra o acoso do Bergantiños nun partido no que o colista Bandeira, apenas sondeou a área da meta Lara Sanchez.
 
Na primeira parte Mery, Noe e Tamy disporían de claras ocasións pero non estarían acertadas de cara a gol, aínda que todo facía presaxiar que o gol chegaría en calquer momento. O Bandeira poría moito empeño en crear ocasións pero a zaga carballesa estaría moi segura durante todo o partido. Pouco antes do descanso Mery remataba a gol un dos moitos córners botado nesta ocasión por Fra.
 
Na segunda metade mais do mesmo, un Bergantiños xogando en campo rival e un Bandeira defendendo con uñas  e dentes e aproveitándose do desafortunio ofensivo das xogadoras de Gueli. As ocasións chegarían de tódalas maneiras pero nin Fra, nin Canosa, nin Carla, que debutaba despois de fichar esta semana tendo unha gran actuación, non estarían acertadas. Finalmente o resultado non se movería e os tres puntos virían para Carballo.

Bergantiños Feminino CF :  Lara Sánchez, Eva, Fra, Seo, Sabrina, Lore, Martasa, Mery, Canosa, Noe e Tamy. 

Tamén xogaron : Lara Rabuñal, Paula, Carla, Tania e Laura Torrado.
 
Goles : 0-1, María Insua, (39´).
 
Árbitro : Julián Gómez Villamayor.  Amonestou tan só a Noe do Bergantiños Feminino CF.
 
 
 
-CLASIFICACIÓN-
PRÓXIMO ENCONTRO
 
O Bergantiños Feminino CF na 23ª xornada recibe no “As Eiroas”, (Polígono Industrial de Bértoa-Carballo), ao UD Santiso FC, 9º con 24 puntos, o 24/03 a partires das 12:00 horas. 

Bergantiños Feminino CF

-GOLERADORAS BERGANTIÑOS-

-María Insua : 12

-Tamara : 9

-Noelia : 7

-Isa : 6

-Fra : 3

-Lucía : 2

-Alejandra : 1

-Laura : 1

-Lore : 1.

-PICHICHI LIGA-

-Laura Mosquera, (Touro SD) : 39, (3 de penalti)

-Tamara Varela, (SE Abella) : 25

-Paula Castañedo, (Sporting Cambre) : 25

-Noemi, (SD O Val) : 23, (1 de penalti)

-Silvia Soto, (Betanzos CF) : 21

-Lucia, (Sporting Cambre) : 21

-Blanca, (Betanzos CF) : 19

-Lorena, (CD Narón) : 18

-Laura Raña, (SE Abella SDEC) : 18.

(Os goles son os que aparecen nos actas arbitrais da RFGF)

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies