CANDO ROY MAKAAY DEIXOU O TENERIFE PARA FACERSE GRANDE NO DEPOR E AXUDAR A SER MÁIS GRANDE O EQUIPO DEPORTIVISTA.

Así celebraba os goles Roy Makaay.

 

Augusto César Lendoiro sempre fixo seu o refrán mariñeiro de “mar revolto ganancia de pescadores”, e vaia se acertou coa retranca. Un deses casos nos que Lendoiro pescou nun equipo con probelmas foi a fichaxe de Rudolphus Antonius Makaay, coñecido futbolisticamente coma Roy Makaay, (Wijchen Güeldres-Paises Baixos 09/03/1975).

O Tenerife acababa de perder a categoría da Primeira División na tempada 1998/99, e o ex mandatario deportivista puxo a sua mirada no neerlandés que a pesares dos 14 goles que marcara chegaba sen levantar moitas expectativas antre a afección e a prensa. Asinaba como deportivista un 1 de Xullo do 1999 que pagaba por él 1300 millóns de pesetas, 87 millóns de euros).

Pero como comezou a liga 199/2000 co Depor o holandés, 4-1 ante o Alavés cun “Hat-trick” e rematouna con 22 goles en liga, sendo Campión de Liga, (só poden presumir 9 equipos en España deso), e facendo un dos goles do encontro final co Español que decideu o campión da liga, e campión da Supercopa de España, (derrotando o Español), así coma Cuartos de Final na Champións League. Foi o primeiro, (i enorme), paso para facerse grande co Depor. 

Na sua segunda tempada como branquiazul  marcou 16 goles e colaborou e de que maneira con Diego Tristán que ese ano levaría o Trofeo Pichichi con 21. Contribueu a unha nova clasificación para a Champions tras quedar o Depor subcampión de liga e foi dos heroes do “Cantenariazo”, 2ª Copa do Rei para o equipo deportivista. 

A sua carreira deportivista sigueu en auxe cunha nova Supercopa de España, desta volta contra o Valencia, subcampións de liga de novo e segundo máximo artilleiro da Liga de Campións con 9 goles en 11 encontros. Na Liga Española anotou 29 tantos alzándose co Pichichi e ca Bota de Ouro. Todo esto sumado a exhibición no Olímpico de Munich onde fixo un “Hat-trick”, nun encontro inolvidable dél e de Juan Carlos Valerón sendo o primeiro equipo español en gañar no feudo dos alemáns.

Antes de marcharse o Bayer de Munich por 20 millóns de euros deixou no Depor 179 encontros antre liga, Copa e Chámpions, con 97 goles do seu selo.

Somos moitos os deportivistas os que non puidemos disfrutar dun dos goles de Roy Makaay en Riazor pois cas colas que se formaban e cando ían 16 segundos de encontro o neerlandés facía o 1-0 ante o Valladolid, cos afeccionados ainda fora, enrando ou buscando a sua localidade. 

Este vindeiro Domingo o Depor visita o Heliodoro Rodríguez López a partires das 21:00 horas, (hora da península, (unha menos en Canarias)), (20:00 GMT), e non podía deixar de estar na memoria a lembranza daquel espigado rapáz que chegou sen levantar moita fumareda, e que se foi deixando unha grande parte da historia de éxito do RC Deportivo para toda a vida.

 

-Vídeo : YouTube

-Foto : La Voz de Galicia

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies