CAMPAÑAS SOLIDARIAS DAS PEÑAS DEPORTIVISTAS “CHEKA” E “MIROBRIGA” :

 

Como cada ano cando se achega este tempo aparece a xente máis solidaria, a que pensa nos máis desfavorecidos, aportando desinteresadamente esforzo por conseguirlles una axuda, que se sintan queridos e que polo menos podan contar con algo. Aquí vos traemos as iniciativas da Peña Deportivista Chega da Coruña e a Peña Deportivista Mirobriga de Ciudad Rodrigo, que nos fai chegar a Federación de Peñas Deportivista. Nos carteis t3edes toda a información de como colaborar.

Peña Deportivista Cheka

Como todolos anos por estas fechas, os compañeiros da peña Cheka fan recollida solidaria, neste caso de alimentos e a favor da Asociación Dardiji. Animamos a tod@s os que poidades, a aportar o voso grao de area.  Entre tod@s faremos que ninguén pase fame nestas datas tan especiais.
Peña Deportivista Mirobriga
E seguindo coas campañas solidarias, enviamos a iniciativa da Peña Mirobriga, da venda de calendarios solidarios. No cartel tedes os datos onde podedes facer as peticións.
Neste caso o importe íntegro da recaudación dos calendarios, irá a favor das protectoras Ces Gatos de Ciudad Rodrigo e Progat de Castellar del Vallés.
-Fotos : Peña Deportivista Cheka/Peña Deportivista Mirobriga

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies