CAMPAÑA DO RC DEPORTIVO DE COMPENSACIÓN DE ABONOS : “TOCA VOLVER A MOLLARSE”.

 

O Real Club Deportivo pon en marcha o plan de compensación polo seis partidos da Temporada 2019/2020 que se xogan a porta pechada no Estadio ABANCA-RIAZOR. O Club compensará o 27% do prezo do carné aos seus socios. Para iso, ofréceselles aos socios que o soliciten a posibilidade de escoller entre cinco opcións.

Os abonados deberán facer a súa solicitude enchendo o formulario de elección que estará aberto na páxina: www.rcdeportivo.es/anosaforza/compensacion1920 até o 31 de xullo de 2020, onde deberán elixir a modalidade de compensación.

No caso de non recibir comunicación do abonado antes do 31 de xullo de 2020, inclusive, enténdese que renuncia á devolución do devandito importe para axudar ao Club a paliar os efectos económicos da pandemia, uníndose ao esforzo colectivo realizado por xogadores, técnicos e empregados. Automaticamente, todas esas renuncias converterán ao abonado en socio protector do Deportivo en caso de renovación para a Temporada 20/21, xa que acollerse á primeira das opcións propostas é o que máis e mellor axuda ao futuro económico e deportivo do Club.

Este prazo é, exclusivamente, para comunicar ao Club de maneira oficial a elección persoal de cada abonado, independentemente dos futuros prazos previstos para gozar de cada unha das compensacións xa que estes varían en función da elección.

Todos os detalles de cada unha das opcións e o formulario de solicitude para os abonados con dereito a compensación están dispoñibles en www.rcdeportivo.es/anosaforza/compensacion1920

 

 

-Foto, Vídeo e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.