CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES DO RC DEPORTIVO E A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS :

 

Campaña de recollida de xoguetes e alimentos

O RC Deportivo, coa colaboración das peñas Deportivistas, pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes novos a beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas e de Cruz Vermella A Coruña.

As portas do Estadio de Riazor abriranse, para todos os Deportivistas e coruñeses, os próximos días 2, 3 e 4 de decembro de 11:00 a 13:00 e de 15:30 a 18:30 horas para recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes novos para todas as idades (xoguetes de bebé, xogos de mesa, bonecos, bonecas e peluches, quebracabezas, contos, xogos e accesorios deportivos, xoguetes de oficios, libros, accesorios electrónicos e complementos de roupa).

Será concretamente a porta 28 (Tribuna Inferior, rúa Manuel Murguía, xunto á DéporTienda) a que permaneza aberta para todos os que se queiran achegar a doar. No acceso de Tribuna Inferior farase a recollida e pesada dos alimentos e a recepción dos xoguetes.

En agradecemento á solidariedade dos Deportivistas, o Dépor entregará a cada doante números para o sorteo de 10 camisetas do Dépor ou o Dépor ABANCA, 10 gorras, 10 bufandas e 5 balóns. Cuantos máis quilos ou xoguetes se doen, máis oportunidades hai de conseguir eses premios. Por cada 5 quilos de alimentos conseguirase un número para o sorteo, por cada xoguete 5 números para participar.

Antes de marcharse do Estadio, o doante poderá asomarse ás primeiras filas de Tribuna Inferior para facerse unha foto de recordo da súa volta a #anosacasa xunto a un marcador que recolle os quilos de alimentos ou os xoguetes que doou para volver mostrar, co seu xesto solidario, o peso de #ANOSAFORZA.

Deportivistas, grazas de antemán polas vosas doazóns e por colaborar en difundir esta campaña entre a maior cantidade de xente posible.

-Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies