CAMELLE E LAXE SON OS QUE LOITARÁN POLO ASCENSO A LIGA DA COSTA NA FINAL A DOBRE ENCONTRO.

Abarrote no “Rodeiro”.

 

Tal e como apuntábamos na previa non estaba nada dito, e xogouse todo nista volta das semifinais do “Play-Off” de ascenso a Liga da costa. O Zas e o Camelle empataban na ida, 1-1, polo que o Rodeiro ía a ser o xuíz dun posto na final a dobre encontro por un posto na vindeira tempada na Liga da Costa. Pola sua banda o Laxe levaba unha ventaxe de 2 goles sobre o Buño tras derrotalo na ida por 3-1, un resultado que era beneficioso para os laxenses, pero non definitivo. A vitoria do Camelle sobre o Zas, un equipo tildado esta tempada por moitos adestradores nos comentarios de cando se enfrontaron a eles, como un dos equipos que mellor fútbol facía da competición, caía no Rodeiro por 3-0. Pola sua banda no Xabiña, o Laxe voltaba a gañar, desta volta por 0-1, e alonxaba ao Buño da loita polo ascenso.

 

O Camelle derrotou ao Zas.

 

SD Camelle 3-0 Sporting Zas

Goles : 1-0, Adrián Pasantes, (43´); 2-0, Adrián Pasantes, (54´); 3-0, Ruso, (86´).

Árbitro : Carlos Señarís Balsa, con Alberto Pombo e Alejandro Tato nas bandas. Non amosou ningún cartón

SCD Buño 0-1 SD Laxe

Goles : 0-1, Santi Casás, (45´)

Árbitro : Manuel Rodríguez Rojo, axudado nas bandas por Chrístian Sendón e Manuel Espasandín. Amonestou polo Buño a : Miguel Dourado, Eloy, Sergio Bastón, Fran Santiago e Adrián Pose. POolo Laxe amonestou a : Santi Casás, Felipe e Iago Torres.

 

 

-Fotos : Isma “Pardelo” e Gonzalo Lemus.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies