CAMBIO DE SEDE PARA O FISOBER SUB12 NO CAMPIONATO DE ESPAÑA QUE PASARÁ A XOGAR EN CATALUÑA.

O equipo fisoberista ca Copa de Campioas Galegas.

O Fisober FSF Sub12 que acude ao Campionato de España de Futsal como campioas de Galicia disputará os días 30-31 de Maio e 1 de Xuño, tiña como primeira sede tralo sorteo a Comunidade de Murcia, pero tras unha reclamación da Federación da Comunidade de Valencia fíxose un novo sorteo de sede e saeu a da Comunidade de Cataluña, as outras duas sedes deste campionato son Melilla e Aragón, tal e como nos informan desde o cobbe da Costa da Morte.

No grupo das fisoberistas están o AE Les Corts Ubae, (representante de Cataluña), UDC La Pavia, (Andalucía), e CD Camoens, (Ceuta). Clasifícase o primeiro de cada grupo e o segundo mellor do total dos tres grupos.

A expedición do Fisober FSF Sub12 está formado polas adestradoras, Paula Fandiño, Sharay Caamaño e Adriana Castro, e as xogadoras : Marina Andrade Fernández, Claudia Ares Porteiro, María Balayo, Martina Fernández, Alejandra García, Jimena Gordillo, Martina Lago, Xenia March, Paula Miñones, Zoe Montero, Icia Romero, Noa Sambad, Lola Soneira e Alba Taboada.

VÍDEOS DA FINAL DO CAMPIONATO GALEGO

 

-Foto e vídeos : Luis Sambad/Prensa Fisober

-Texto : Xosé Búa “Pirata”