CAMBIO DE HORARIO DO ZAMORA-DEPOR E DO DEPORTIVO XUVENIL-DINAMO DE KIEV.

Na primeira volta o Depor gañou 1-0.

 

O RC Deportivo anuncia trocos nos horarios do encontro que enfrontará ao Zamora CF e o Depor, da 20ª xornada da 1ª RFEF, e da eliminatoria a encontro único do RC Deportivo Xuvenil A, ante o Dinamo de Kiev.

Zamora-Depor

O choque de comezo da 2ª volta no que o Depor rendirá visita ao Zamora CF, correwspondente a 20ª xornada da 1ª RFEF pasa das 21:00 horas ás 20:00 horas, do mesmo día para o que estaba programado, o mércores 26 de Xaneiro. Unha data que non gustou nada a afección, tanto deportivista como zamorana. Este era un dos desprazamentos apuntados no calendario do deportivismo cando saeu o calendario. Perde o fútbol, co desprazamento masivo que habería a Zamora, e perde o propio clube castelán-leonés, así como a propia cidade de Zamora, pero o fútbol moderno é así, basta ver que fai uns días, parece ser, que gañou a Supercopa de España, un equipo que non foi a pasada tempada campión de nada no estado español. Como sempre amosar o noso odio ao fútbol moderno que afasta aos afeccionados dos campos, en pro dun presidente de conducta asquerosa, e das televisións e os magnates do fútbol.

Antes deste encontro o equipo branquiazul visitará Villaviciosa, (Madrid), para enfrontarse ao DUX Internacional, que dirixe o ex deportivista, Alfredo Santaelena, o vindeiro Domingo 22 de Xaneiro a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT). Choque complicado para o noso clube, nun campo, o Municipal de Villaviciosa, de pequenenas dimensións, (98 x 55), e de herba sitética.

-Entradas a venda para o Zamora-Depor : PREME AQUÍ

-Entradas a venda para o DUX Internacional-Depor : PREME AQUÍ.

 

RC Deportivo Xuvenil A-Dinamo de Kiev

O equipo que dirixe Manuel Pablo e que ven de quedar apeado da Copa do Rei ante o C.Vigo Xuvenil, tamén ten troco de horario no encontro. O choque correspondente ao “Play-off ” da UEFA Youth League, que se xogará a partido único en Riazor o mércores 9 de febreiro de 2022 e que estaba estipulado para  20:00 horas pasa ás 19:00 horas, (18:00 GMT),  debido a que será retransmitido en directo por Movistar+. Unha mostra máis de que aos orgañismos do fútbol impórtalles moi pouco o afeccionado.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies