O Bergan sempre é un duro oso para o Depor nas pretempadas.
Debido a que o Unionistas de Salamanca, que ía ser o rival do Depor no “Emma Cuervo”, ten que xogar a Copa Federación ante a Cultural Leonesa, e non poderá enfrontarse aos deportivistas, o orgañizador do trofeo, Ribadeo CF, púxose en contacto co RC Deportivo, para avisarlle que non se podería xogar o encontro, e xogarán o Domingo 21 de Agosto, (en lugar do sábado), e o rival será o Bergantiños FC, a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT), e tamén se troca o campo, pois en lugar de ser no “Pepe Barrera” de Ribadeo, será no Ponte dos Brozos de Arteixo, e será televisado pola canle de YouTube do RC Deportivo.
Entendemos non é o o “Emma Cuervo”, pois en ningún comunicado se dí, que é o que se vai xogar no Ponte dos Brozos, nen que foi adiado o trofeo ribadeuense.
Así vai a pretempada deportivista
Atlético Arteixo 0 – RC Deportivo 3 (Martín Ochoa, Yeremay e Jaime)
Racing Villalbés 1 – RC Deportivo 4 (Raúl Carnero, Santamaría -2- e Mario Soriano)
RC Deportivo 7 (Quiles -3-, Santamaría, Víctor Narro, Tim Caroutas e Martín Ochoa) – SD Ponferradina 1
RC Deportivo 0 – Real Madrid Castilla 0. A penaltis: 5-6
RC Deportivo 4 (Quiles -3- e Víctor Narro) – FC Metalist Kharkiv 2
Cáseque seguro que o DUX non se presentará
Tras este encontro debería comezar a liga para os branquiazuis o 29 de Agosto, recibindo ao DUX Internacional de Madrid, en Riazor, con pouco que falla para que comece a competición, o equipo madrileño, sen adestradores, nen adestrar, e con tan só 6 xogadores, a espera de un inversor, e non poder afrontar os soldos que estipulou como mínimo a RFEF, para os xogadores, o primeiro encontro de liga os deportivistas non comezarán a competir, co perxucio para a liga, e en especial para os que somos aboados do club, e unha vez máis sácannos un choque tras pagar por toda a liga.
-Foto : Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia