Camariñas celebrará este domingo “Día do deporte na rúa’”.

 

· A actividade está dirixida a todas as familias que queiran
desfrutar dunha xornada lúdico festiva.
· Os rapaces e rapazas poderán practicar ciclismo, fútbol,
balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa así como circuítos
de seguridade viaria e demostracións de primeiros auxilios.

Este domingo, 2 de outubro, o Concello de Camariñas celebrará o ‘Día do deporte na rúa’ na Praza do Mercado. Unha actividade dirixida a todas as familias que queiran desfrutar dunha xornada lúdico festiva na que poder participar nos deportes que se organizan no municipio a través das diferentes entidades deportivas.

O horario será de 11:00 a 13:30 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 horas en horario de tarde. Os rapaces e rapazas poderán desfrutar, xunto coas súas familias, do ciclismo, fútbol, balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa, así como circuítos de seguridade viaria (con patinete, patíns ou bicicleta) e demostracións de primeiros auxilios.

Ademais tódolos participantes posuirán unha tarxeta que poderán ir selando cada vez que participen nunha estación, conseguindo un agasallo ao completar a participación en tódolos deportes.

Deste xeito, este día marcará o pistoletazo de saída do inicio das actividades deportivas e culturais do curso 22-23, que darán comezo o vindeiro luns 3 de outubro.

 

-Foto e Texto : Departamento de Prensa Concello de Camariñas

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies