CALENDARIOS E ORGANIGRAMAS DAS FASES DE ASCENSO E PERMANENZA DA 3ª DIVISIÓN :

 

Tralo remate da liga regular, aquí tes os calendarios das fases de ascenso, permanenza e descenso da 3ª División, collido da páxina web da RFGF :

Xa coñecemos os calendarios da segunda fase no grupo galego da Terceira División. Este segundo treito do campionato arrincará a próxima fin de semana: seis equipos optarán ao ascenso directo á nova 2ª RFEF, outros seis disputarán a fase de ascenso para optar a outra terceira praza nesta nova categoría e os doce restantes buscarán a permanencia na categoría.

A primeira fase nos dous subgrupos galegos brindou unha última xornada moi emocionante que nos deixou a Polvorín FC (CD Lugo B) e á UD Somozas entre os seis privilexiados que van pelexar polos dous ascensos directos á 2ª División RFEF. Bergantiños FC, CD Arenteiro, Arosa SC e Alondras CF xa tiñan gañada esa praza para o primeiro grupo.

Na zona intermedia están seis equipos, tres de cada subgrupo, que xa aseguraron a súa continuidade na 3ª División RFEF e que teñen o premio de xogar unha repesca con opcións de acadar o terceiro ascenso á 2ª RFEF. Racing Club Villalbés, RC Deportivo Fabril, Club Silva SD, CD Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas son os equipos que conforman este segundo grupo.

Os 12 equipos restantes terán que competir por evitar o descenso a Preferente. Un reto complicado xa que son 8 os descensos establecido pola Real Federación Española de Fútbol, polo que só se salvarán catro dos doce equipos.

Calendarios

Podes consultar a resolución da clasificación da primeira fase e os calendarios premendo nas seguintes ligazóns:

RESOLUCIÓN

CALENDARIO GRUPO C ASCENSO

CALENDARIO GRUPO D PLAYOFF DE ASCENSO

CALENDARIO GRUPO E PERMANENCIA

 

Segunda fase

Nos tres grupos que se forman na segunda fase todos os equipos arrastran toda a puntuación da primeira fase. Os equipos do subgrupo A só xogarán contra os do subgrupo B e viceversa, a dobre volta. 

Grupo de Ascenso

Os seis equipos clasificados nas tres primeiras posicións de cada subgrupo xogarán polas dúas prazas de ascenso directo.

EQUIPO PTS
Bergantiños FC 48
CD Arenteiro 47
Polvorín FC 42
Arosa SC 41
UD Somozas 41
Alondras CF 37

 

Grupo de playoff de ascenso

Os seis equipos clasificados nos postos 4, 5 e 6 de cada subgrupo xogarán xuntos por dúas prazas de acceso a un playoff final no que se pon en xogo a terceira praza de ascenso a 2ª RFEF. Eses dous equipos xogarán unha fase por eliminatorias cos catro equipos do grupo de ascenso que non lograron acabar nas dúas primeras prazas.

EQUIPO PTS
Racing Villalbés 40
RC Deportivo Fabril 32
CD Estradense 31
CD Choco 31
Rápido de Bouzas 31
Silva SD 30

 

Grupo de permanencia

Os últimos seis equipos de cada subgrupo xúntanse no Grupo de Permanencia no que está en xogo evitar o descenso a Preferente. Descenden os oito últimos clasificados.

 

EQUIPO PTS
CD Barco 30
CSD Arzúa 29
Viveiro CF 28
Ourense CF 28
CD Ribadumia 26
UD Ourense 25
Ag. Estudiantil 20
UD Atios 20
CD As Pontes 19
SD Fisterra 17
UD Paiosaco 12
CD Pontellas 9

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies