Este domingo confirmáronse os 12 equipos que van xogar polo ascenso a Terceira División (3ª RFEF) e hoxe xa temos os calendarios de competición desta fase decisiva na que se poñen en xogo catro prazas de ascenso, dúas na Zona Norte e dúas na Zona Sur.
Equipo clasificados
Preferente Norte: SD Sofán, Atlético Coruña Montañeros, Noia CF, CD Boiro, SD Sarriana, Club Lemos.
Preferente Sur: Atlético Arnoia, UD Barbadás, Gran Peña, Villalonga FC, Juvenil de Ponteareas, Cultural Areas.
Formato de competición
Os 6 equipos de cada zona (norte e sur) xogan unha liguiña a unha soa volta na que non se enfrontarán os dous equipos que proveñen do mesmo grupo. Iso dá un resultado de catro partidos para cada equipo.
Os tres equipos que se clasificaron como primeiros de grupo partirán con 3 puntos de inicio nesta segunda fase, mentras que os que pasaron como segundos comezan con 1 punto. Deste xeito prémiase aos que foron máis regulares na primeira fase, pero mantendo moi viva a competición con opcións para todos os participantes.
Os dous primeiros clasificados desta liguiña acadarán o ascenso á 3ª RFEF.
Premisas do calendario
Para a elaboración do calendario tivéronse en conta varias premisas que condicionan en gran medida a súa confección. En primeiro lugar trátase dun calendario a unha volta sen enfrontamentos entre os equipos que proceden do mesmo grupo. E en segundo lugar tívose en conta que os primeiros clasificados xogasen un partido como locais e outro como visitantes contra os outros primeiros.
CALENDARIO FASE DE ASCENSO PREFERENTE NORTE
CALENDARIO FASE DE ASCENSO PREFERENTE SUR
-Foto e Texto : http://www.futgal.es/