CALENDARIOS DA 3ª DIVISIÓN E PREFERENTE NORTE e SUR 2019/20

 

A RFGF sorteou este luns os calendarios da 3ª División e da Preferente Norte e Sur 2019/20, nun acto que tivo lugar no Salón de Actos “Amancio Amaro” da sede federativa en Santigo de Compostela e que foi seguido en directo por varios representantes dos clubs que militan en ambas as categorías.

Destacar na Preferente Norte o debút do SD Fisterra que comezará xogando no “Ara Solis” cun derbi ante o Laracha CF. Pola sua banda o SD Sofán comeza recibindo no “Carra” ao Atlético Coruña Montañeros, e o Xallas FC, visita ao SD Residencia. Derbi antre Atlético Arteixo e CF Noia nesta primeira tirada da liga.

A nova tempada 2019/2020 comezará o 25 de agosto e rematará a fin de semana do 17 de maio no caso da 3ª División e comezarán o 25 de Agosto e rematarán o 7 de Xuño no caso das Preferente Norte e Sur.

-PREME AQUÍ PARA VER O CALENDARIO DA 3ª DIVISIÓN 

-PREME AQUÍ PARA VER O CALENDARIO DA PREFERENTE NORTE

-Unha información xentileza da RFGF-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es