CALENDARIO OFICIAL DA “PRIMEIRA RFEF FUTSAL FEMININA” QUE TERÁ 5 EQUIPOS GALEGOS :

O Viaxes Amarelle FSF visita ao Alcorcón na primeira xornada.

 

Cinco son os equipos que estairán na parrilla de saida este ano na Primeira RFEF Futsal Feminina, que será como se denomine este curso. Ourense Envialia, Pescados Rubén, Viaxes Amarelle, Poio Pescamar, e Cidade das Burgas, son os nosos representantes na máxima categoria do futsal feminino, unha competición arrincará a fin de semana do 17 e 18 de Outubro, e que terá na primeira xornada o primeiro derbi galego co enfrontamento, Ourense Envialia-Pescados Rubén. Nesta primeira tirada o Viaxes Amarelle debuta visitando o Alcorcón e os demáis representantes tamén comezan xogando como visitantes. O Poio Pescamar visita ao Roldán e o Cidade das Burgas o Leganés.
Sistema de Competición
A Primeira RFEF Futsal Feminina, máxima categoria nacional do fútbol sala feminino, estará composta por 18 equipos e o seu sistema de competición desenvolverase a través dun grupo único. Desta forma, e unha vez concluíse esta fase regular, os catro mellor clasificados terán dereito a disputar o play- off polo título de campión, debuxando así unhas apaixonantes semifinais e final a un só partido e nunha sede única.
Sobre o descenso, o últimos catro clubs do campionato baixarán de forma directa a Segunda RFEF Futsal Feminina. Pola súa banda, os equipos clasificados en 13ª e 14ª posición deberán xogar a Fase de Promoción contra os equipos perdedores da Fase Final do play- off de ascenso á Primeira División Feminina. Farano a partido único e en sede única.
Descarga o CALENDARIO OFICIAL da PRIMEIRA RFEF FUTSAL FEMININA : Calendario Primeira RFEF Futsal Feminina
-Fto : Viaxes Amarelle FSF
-Texto : RFEF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies