O calendario completo da 2ª División 2024-25, (LaLiga Hypermotion), sorteouse este mércores na sede da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas (Madrid), deparando para o Dépor unha xornada inicial, a fin de semana do 18 de agosto, fronte ao Real Oviedo en Riazor. O conxunto branquiazul pechará a temporada tamén en Riazor, a fin de semana do 1 de xuño de 2025 ante o Elche CF.
Os duelos de rivalidade provincial fronte ao Racing Club Ferrol chegarán na 3ª xornada en Riazor (1 de setembro) e na 33ª na Malata (30 de marzo de 2025).
Haberá dúas xornadas entre semana, as dúas en 2024. A primeira será a domicilio (11ª, en campo do Levante UD o 23 de outubro) e a outra en Riazor (20ª, contra o CD Castellón o 18 de decembro).
Os encontros de máximo interese fora de Riazor será ante : Xixón, (24/11), Oviedo, (02/03/25), Ferrol, (30/03/25), Santander, (27/04/25), e tamén outros coma o Málaga, (11/01/25), ou Tenerife, (10/11/24). Calendario completo : Descarga aquí o calendario completo cas 42 xornadas.
1ª Xornada
Burgos CF – FC Cartagena
Cádiz CF – Real Zaragoza
DEPOR – Real Oviedo
Elche CF – SD Huesca
CD Eldense – CD Tenerife
Racing de Ferrol – Málaga CF
Granada CF – Albacete Balompié
Racing de Santander – UD Almería
SD Eibar – CD Castellón
CD Mirandés – Córdoba CF
Real Sporting de Xixón – Levante UD
-Calendario do Depor simplificado-
(En fondo oscuro os da casa e en gris os de fora)
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos : RC Deportivo