CALENDARIO DO DEPOR PARA A 1ª RFEF 2023/24.

 

O Deportivo comezará a temporada en Riazor a última fin de semana de agosto ante o CF Rayo Majadahonda.

O primeiro partido lonxe da Coruña será na 2ª xornada, no Anxo Carro de Lugo a fin de semana do 2 ou 3 de setembro, no primeiro dos seis duelos galegos da temporada.

O Dépor pechará 2023 o 16 ou 17 de decembro con outro duelo rexional, no Carballiño ante o CD Arenteiro (xornada 17ª), e abrirá o ano 2024 o mércores 3 de xaneiro, na única xornada entre semana de toda a temporada, en ABANCA-RIAZOR fronte á Real Sociedad B.

A última fin de semana de maio, 25 ou 26, concluirá a liga regular, tamén en Riazor, contra o Real Unión Club de Irún.

As datas do playoff de ascenso, de novo en eliminatorias a ida e volta, son 1/2 e 8/9 de xuño para as semifinais; e 15/16 e 22/23 de xuño para as finais.

 

Aquí podes coñecer o calendario completo de Primera Federación.

 

Os nosos derbis

3 de setembro: Lugo – Depor

8 de outubro: Depor – C. Vigo B

17 de decembro: Arenteiro – Depor

28 de xaneiro: C. Vigo B – Depor

3 de marzo: Depor – Lugo

28 de abril: Depor – Arenteiro

-Foto e Texto : RC Deportivo/Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies